A bandeira do Tíbet (en ), tamén coñecida como a "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha), foi utilizada polo goberno independente de facto do Tíbet dende 1916 até 1951. Foi adoptada polo 13º Dalai Lama en 1916 e utilizada ata 1959.Melvyn C. Goldstein, Dawei Sherap e William R. Siebenschuh, A Tibetan revolutionary : the political life and times of Bapa Phuntso Wangye, University of California Press, 2004, pp. 174–175, 194–195 Aínda que a bandeira tibetana é ilegal hoxe en día no Tíbet baixo o poder da China, segue a ser utilizada pola Administración Central Tibetana, con sede en Dharamshala, na India.
O Goberno da República Popular Chinesa considera que é un símbolo do separatismo; porén, o Dalai Lama, o líder espiritual do pobo tibetano, dixo nos últimos anos que esperaba que o Tíbet acadara unha verdadeira autonomía e non pedise a independencia. El cre que o simbolismo da bandeira é semellante ao da bandeira rexional de Hong Kong e non representa o movemento independentista tibetano, senón o concepto de procurar a liberdade relixiosa e buscar a igualdade nacional e o respecto mutuo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Emblema do Tíbet León das neves Ligazóns externas
Categoría:Símbolos do Tíbet Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras da China Categoría:Independentismo tibetano Categoría:Bandeiras nacionais obsoletas Categoría:Bandeiras con animais