A bandeira branca-azul-branca (en ) é unha bandeira símbolo das protestas contra a guerra de 2022 en Rusia durante a guerra ruso-ucraína (véxase invasión rusa de Ucraína). Segundo os activistas, a bandeira é "un símbolo das persoas que se unen pola paz e a liberdade".

Normalización de tamaño e cor Cor Branco Azul Branco pantone Branco 2925C Branco CMYK 0,0,0,0 100,41,5,0 0,0,0,0 RGB 255.255.255 0.131.214 255.255.255 HTML #FFFFFF # 0083D6 #FFFFFF Aínda que algúns activistas queren ver nas cores a paz, a pureza, a prudencia, verdade ou a xustiza, esas cores tamén se empregaron para simbolizar cousas diversas. A mesma bandeira da Mariña Rusa desde 1991 está composta por un sautor azul sobre branco (a tonalidade do azul variou entre celeste e cobalto) e xa era empregada pola Mariña Rusa do século XIX, coincidindo uns anos coa bandeira idéntica do porto da Coruña, empregada como bandeira galega.

Historia miniatura|Bandeira da cidade de Veliky Novgorod, 1994-2006|260x260px O primeiro lugar coñecido en usar a bandeira branca-azul-branca foi o sitio web do estado virtual da República de Novgorod, en 2006-2010. A bandeira baseouse na entón bandeira oficial de Veliky Novgorod. Unha das institucións de goberno máis importantes da República de Novgorod foi a "Casa de Novgorod", que limitaba os poderes do príncipe en contraste co principado de Vladimir-Suzdal. Segundo o sitio web oficial da bandeira, é "un símbolo da futura 'Rusia Libre', que non parasita símbolos do pasado, libre de asociacións co imperialismo, militarismo e os líderes autoritarios de Rusia".

Propúxose tamén para o seu uso como bandeira alternativa de Rusia.

Foi amplamente usada en relación coas protestas contra a guerra; utilizouse en protestas contra a guerra en Tbilisi, (Xeorxia), en Alemaña, Chipre, e Ekaterimburgo (Rusia).

Oposición das autoridades O 6 de marzo de 2022, a residente de Moscova Anna Dubkova foi detida por un axente de policía por mor da bandeira branco-azul-branca colocada no seu coche. O protocolo sinala que a bandeira é un símbolo de "... protestas contra a guerra espalladas entre as forzas da oposición". O tribunal condenouna a 15 días de prisión segundo o artigo 19.3 do Código de Infraccións Administrativas.

Bandeiras semellantes

Notas

Categoría:Bandeiras de Rusia Categoría:Bandeiras introducidas en 2022