Turnix hottentottus é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae que habita na África subsahariana.
Distribución e hábitat
Encóntrase na maior parte da África subsahariana fóra das rexións forestais ou demasiado áridas. O seu hábitat natural son as pradarías abertas. Aínda que algunhas poboacións son sedentarias, outras realizan migracións ao norte e á zona central da súa área de distribución para reproducirse.
Descrición
Aínda que non están emparentadas, teñen aspecto semellante a unha paspallás coa cola curta. Esta especie ten as partes superiores de cor parda con veado escuro e certo listado branco polos bordos das plumas, o peito de cor canela e o ventre claro. Como na maioría dos turnícidos, a femia é lixeiramente máis grande (15 cm de longo fronte aos 14 cm dos machos) e de coloración algo máis intensa que o macho.
A maior parte da súa área de distribución está ocupada pola supbespecie T. h. nanus, que ten o iris dos ollos castaño e o rabadilla negra. A subespecie nominal, T. h. hottentottus, que está confinada no fynbos costeiro de Suráfrica, ten o iris claro e a rabadilla tamén máis clara.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Madge and McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse ISBN 0-7136-3966-0
Ligazóns externas Ficha da especie en Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Turnícidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1815