miniatura|Fábrica Fagus, Alfeld.
Adolf Meyer, nado en Mechernich (Eifel) o 17 de xuño de 1881 e finado en Baltrum o 4 de xullo de 1929, foi un arquitecto alemán.
Traxectoria Cursou os seus estudos na rexión de Eifel, en Köln e na Escola de Arte de Düsseldorf desde 1904, con Peter Behrens e Johannes Ludovicus Mattheus Lauweriks.
En 1907 Behrens contratouno para traballar no seu estudio en Berlín. Entre 1909 e 1910, Meyer traballou para Bruno Paul e ese mesmo ano Walter Gropius contratouno como xerente no seu estudio en Neubabelsberg. miniatura|esquerda|Fábrica Elektrizitätswerk, Frankfurt Gutleutstraße.
Da man de Gropius, foi profesor na Bauhaus entre 1919 e 1925, un centro de estudo cun revolucionario método de aprendizaxe, que reivindicaba as vangardas, a unidade entre arte e artesanía, ao xeito que os movementos do Arts & Crafts ou o Wchutemás de Moscova, e facía especial énfase na colaboración entre alumnos e docentes. Iso deu lugar a unha multiplicidade de estilos e producións, que derivou entre outras cousas no racionalismo na arquitectura moderna (en especial após a dirección de Mies van der Rohe e o exilio por causa do nazismo) e na formación de centros experimentais posteriores como a Escola de Ulm. Adolf Meyer foi responsábel da compilación e desenvolvemento tipográfico do libro Ein Versuchshaus (unha casa prototipo, onde se expresaban as ideas troncais da escola).
Despois das presións crecentes dos nazis, a Bauhaus tivo que trasladarse a Dessau e logo a Berlín antes de pasar ao exilio (New Bauhaus, Black Mountain College etc.), porén Adolf Meyer decidiu ficar en Weimar e continuar a súa carreira como arquitecto independente. En 1926 foi nomeado arquitecto municipal de Frankfurt, onde realizou a maior parte das súas obras.
Obra As súas obras máis recoñecidas foron as realizadas xunto a Walter Gropius, director da Bauhaus, que contou con el como docente, e con quen colaborou na Fábrica Fagus (1910-1911) e no Teatro Municipal de Jena (1922-1923), onde tamén fixo o Planetario.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Henderson, Susan R. (2013). "Building Culture: Ernst May and the New Frankfurt Initiative, 1926-1931". Peter Lang.
Ligazóns externas A fábrica Fagus, co-proxectada por A. Meyer, Patrimonio Mundial da UNESCO
Categoría:Arquitectura modernista Categoría:Arquitectos de Alemaña do século XX Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados en Mechernich