John Watts Young, nado en San Francisco, California, o 24 de setembro de 1930 e finado o 5 de xaneiro de 2018, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 3, Gemini 10, Apollo 10, Apollo 16, STS-1 e STS-9.
Traxectoria Young graduouse en enxeñaría aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Georgia en 1952, despois do cal entrou na Armada, participando na guerra de Corea e despois adestrándose como piloto. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962. Participou nas misións Gemini 3, Gemini 10, Apollo 10, Apollo 16, STS-1 e STS-9, pasando 34,82 días no espazo. Foi a primeira persoa en voar en seis ocasións ao espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 3 Gemini 10 Apollo 10 Apollo 16 STS-1 STS-9
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en San Francisco