miniatura|Un motor YF-24B. YF-20 é toda unha familia de motores foguete desenvolvida pola República Popular da China para o seu uso en varios foguetes Longa Marcha.

Características Os motores YF-20 usan tetróxido de nitróxeno e UDMH como propelentes. Segundo a variante poden usarse na primeira etapa ou en etapas superiores.

YF-20A O YF-20A ten un impulso de 750,20 kN, cun impulso específico de 289 s. Pode funcionar durante ata 132 s. Ten un diámetro de 0,84 m e úsase nos foguetes CZ-2A, CZ-2C, CZ-2E, CZ-3 e FB-1. Voou por primeira vez en 1972.

YF-20B O YF-20B ten un pulo de 816,30 kN, cun impulso específico de 289 s en tempo de funcionamento de 170 s. Ten un diámetro de 0,84 m e úsase nos foguetes CZ-2C, CZ-2D, CZ-2E, CZ-3A, CZ-3B, CZ-3C e CZ-4A. Voou por primeira vez en 1988.

YF-22 O YF-22 ten un pulo de 717,80 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 1,00 m.

YF-22/23 O YF-22/23 estaba formado por un motor YF-22 usando catro YF-23 como motores de control de actitude. Tiña un pulo de 762,00 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 3,35 m. Usouse no CZ-2 e no FB-1.

YF-22A/23A O YF-22A/23A estaba formado por un YF-22A usando catro YF-23A como motores de control de actitude. Tiña un pulo de 762,00 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 3,35 m. Usouse no CZ-2C e no CZ-3.

YF-22B O YF-22B usouse na segunda etapa do CZ-4B. Tiña un pulo de 742,00 kN, cun tempo de acendido de 127 s.

YF-23 O YF-23 úsase como motor de control de actitude xunto cos YF-22 e YF-25. Ten un pulo de 11,00 kN, cun impulso específico de 282 s.

YF-25 O YF-25 ten un pulo de 787,40 kN, cun impulso específico de 297 s. Ten un diámetro de 1,00 m.

YF-25/23 O YF-25/23 está formado por un YF-25 en conxunto con catro YF-23 que funcionan como motores de control de actitude. Ten un pulo de 831,00 kN, cun impulso específico de 295 s. Ten un diámetro de 3,35 m e úsase nos foguetes CZ-2D, CZ-2E, CZ-3A, CZ-3C e CZ-4A.

Notas

Véxase tamén Outros artigos YF-100 YF-115 FB-1 CZ-2 CZ-2A CZ-2C CZ-2D CZ-2E CZ-3 CZ-3A CZ-3B CZ-3C CZ-4A CZ-4B

Categoría:Motores foguete