Silvia Laplana Naval, nada en Barcelona o 3 de febreiro de 1984, é unha meteoróloga española pertencente ao equipo de TVE, caracterizada polas súas explicacións máis alá do dato meteorolóxico, co que trata de achegar a meteoroloxía ás familias e ao público en xeral.Biografía en Marathi.TV .
Traxectoria Naceu en Barcelona, e criouse en Vilanova i la Geltrú até os dezasete anos, en que que se trasladou a Terrasa a estudar Óptica e Optometría na Universidade Politécnica de Cataluña, e despois fixo un mestrado en Meteoroloxía na Universidade de Barcelona, a súa auténtica vocación, e incluso estudou varios cursos de ciencias ambientais.
É filla única e os seus pais viven agora en Monzón (provincia de Huesca) e o seu mozo é de Huesca capital, polo que se considera montisonense. Silvia mantén unha boa relación cos seus pais, que sempre a apoiaron na elección da súa profesión e lle inculcaron o esforzo e a dedicación. Admite ter que traballar moito para converterse en periodista, pero se considera unha persoa á cal lle motivan os retos, grazas á educación recibida pola súa familia baseada no valor do esforzo.
Desde o ano 2013 traballa como meteoróloga na Televisión Española no Canal 24 Horas. Previamente traballou catro anos en Aragón TV e tamén en Canal Meteo. Non dubidou en aceptar o posto en TVE, xa que o considera un sono cumprido. Admite que obter o traballo en Canal Meteo lle abriu as portas a outras cadeas televisivas máis grandes, ao igual que a moitos dos seus compañeiros.
No ano 2015 participou no programa Aquí la Tierra en RTVE e nunha entrevista explicou «a falta de espazos televisivos pensados para un público de idades variadas e de carácter familiar». Silvia pensa que «o clima é un tema fácil de abordar, polo que o traballo nos espazos de información meteorolóxica é máis distendido que nos informativos, onde se trata a política, por exemplo. Prefíreo xa que se pode improvisar, deixarse levar polas bromas xunto aos seus compañeiros e os televidentes poden participar. Admite que, aínda que fai falta coñecemento e experiencia para non fallar nas previsións do clima, o avance tecnolóxico axuda moito á exactitude e, polo tanto, os meteorólogos son afortunados ao no correren tanto risco ao prognosticar o tempo».
Notas
Véxase tamén
Outros artigos A ciencia ten nome de muller
Categoría:Científicos de España Categoría:Meteorólogos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona