Beatriz Coelho Luna, nada en Ponferrada en 1983, é unha avogada e política berciana. Traxectoria Licenciouse en dereito pola Universidade de Valladolid e logo exerceu como avogada autónoma. Militante do Partido Popular, foi concelleira en Toreno de 2011 a 2019. En 2021 converteuse en vicesecretaria xeral para o Bierzo do PP de León . Nas eleccións autonómicas de 2022 foi de número dous do seu partido pola provincia de León e resultou elixida como procuradora das Cortes de Castela e León. Notas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Concelleiros de Castela e León Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Personalidades sen imaxes