Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Exerceu desde 1989 como profesor de Lingua e Literatura galegas nos IES de Bande, Mondoñedo, Castro de Rei e Ribadeo ata xubilarse en 2025. Reside en Burela.

Como escritor destaca a súa produción poética. Foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e formou parte das Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003) . Fixo crítica literaria e colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro e como articulista de opinión no xornal dixital Vieiros. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).

Foi ademais autor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra, organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

Obras Poesía Arianrod (1993). A Coruña: Baía. 155 páxs. ISBN 978-8487674280. Fruto do teixo (1994). Sada: Ediciós do Castro. 51 páxs. ISBN 9788474927337. Afásia (1997). Baía: A Coruña. 120 páxs. ISBN 978-8489803039. A vella peneira a noite (2001). Baía: A Coruña. 80 páxs. ISBN 978-84-89803-81-7. transmuta (2012). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9914-350-7. resistencia da auga (2018). Santiago de Compostela: Chan da Pólvora Editora 86 páxs. ISBN 978-8494856532.

Traducións resistencia del agua (2023), Baile del Sol Ediciones, 164 páxs. ISBN 9788418699870

Narrativa Relatos para televisión (2019). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-9121-458-8. ePub: ISBN 978-84-9121-472-4.

Ensaio "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)"en A Trabe de Ouro, nº 79.

Didáctica

Lingua galega e literatura, 3º ESO (1998), McGraw-Hill Interamericana de España S.L.,129 páxs., ISBN 978-84-481-1438-1

Lingua galega e literatura, 3º ESO. Guía didáctica (1998), McGraw-Hill Interamericana de España S.L., 72 páxs. ISBN 978-84-481-1536-4

Como editor

Enciclopedia perplexidade (escolma 1976-2023) de Antón Reixa, Faktoría K de Libros, 2024.

Como tradutor

Oratorio del cubo (2013), Margarita Borja, Cuadernos del Laberinto, 52 páxs., ISBN 978-84-941600-5-9 Enciclopedia perplejidad (2024), Antón Reixa, Editorial Cuatro Lunas, 168 páxs., ISBN 9788412707601

Obras colectivas miniatura|Cordal no Premio da Crítica 2013. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro. Congresso Álvaro Cunqueiro: Actas (1993). Deputación de Lugo. Coordinador da edición, con Araceli Herrero Figueroa, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde Noreña. Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (Ronseltz) (1994). Positivas. XIV Festival da Poesia no Condado (1994) Salvaterra de Miño: Ed. Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. (libro colectivo de poesía) dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999). Santiago: Ed. Letras de Cal. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2002). Culleredo: Espiral Maior. Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (2003). Difusora Ed. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior. 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). Laiovento. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos. Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo. A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Noia: Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega). Luar na Lubre XX - Encrucillada (Arte e escrita), (2023), Baía Edicións, 160 páxs., ISBN 8499954243

Premios Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1988, por "Estamos de festa". VI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1993, por Fruto do teixo. Premio da Crítica Galicia de Creación literaria en 2013, por transmuta.

Vida persoal É pai de Sabela e de Estevo Cordal Vidal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Artigos de X. Cordal en Vieiros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Profesores de educación secundaria