miniatura|Marshmallows de cores. Un malvarisco ou marshmallow é un doce que se usa en varios tipos de alimentos e nalgunhas bebidas como o chocolate quente.
Receita
Na súa receita moderna máis habitual está feito de azucre ou xarope de millo, auga, xelatina, goma arábiga e ás veces clara de ovo batida, mestura que foi pre-amolecida en auga quente, dextrosa e aromas, batida até conseguir unha consistencia esponxosa. Os marshmallows comerciais son unha innovación de finais do século XIX. Desde que Alex Doumak patentou o proceso de extrusión en 1948, os marximelos foron extruídos como cilindros brandos, cortados en seccións e enrolados sobre unha fina mestura de amidón de millo e azucre glas.
A receita tradicional utilizaba un extracto da raíz mucilaxinosa da planta malvarisco, unha herba arbustiva (Althaea officinalis), en lugar da xelatina; o mucílago desempeñaba o papel de antitusivo.
En América é común quentar estes doces no lume.
Valor nutricional O peso dunha soa porción de malvaviscos é duns 28 gramos (catro marshmallows grandes ou media cunca de mini marshmallows)
Nomes No dicionario da RAG o nome malvarisco aparece só na acepción botánica da Althaea officinalis (Planta herbácea da familia das malváceas, con talo ergueito, follas aveludadas e flores de cor rosa pálida, que medra en terreos húmidos).
Noutros dicionarios galegos ademais aparecen os termos malvavisco e altea, porén, referidos tamén só á planta.
O doce é coñecido comunmente, ademais de malvarisco ou malvavisco como nube ou esponxa; en portugués é coñecido como marximelo e en castelán de América Latina masmelo.miniatura|Planta de malva de pantano, Althaea officinalis.|centro Notas
Categoría:Sobremesas Categoría:Doces