A tempada 2021-2022 da Naisten Liiga foi a 40ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 11 de setembro de 2021 cunha xornada de cinco partidos, e concluíu o 20 de marzo de 2022, mentres que os play-offs comezaron o 26 de marzo e finalizaron o 24 de abril coa disputa do quinto e definitivo partido das finais. Ao final da tempada Kiekko-Espoo proclamouse campión por segundo ano consecutivo, mentres que HIFK conseguiu a medalla de prata e Kärpät.
Ao final da tempada Vaasan Sport descendeu á Naisten Mestis logo de finalizar a fase de permanencia na penúltima posición. A súa praza na tempada 2022-2023 será ocupada por Rauman Lukko, que comezara a tempada disputando a Naisten Mestis.
Movementos na liga Pretempada Apoio económico ás xogadoras de RoKi Rovaniemen Kiekko ry anunciou que comezaría a apoiar ás xogadoras de RoKi Naiset seleccionadas para os campamentos do equipo nacional e torneos de avaliación con bolsas dende uns poucos centos ata mil euros. Tamén ofrecerá ás súas xogadoras na selección nacional a posibilidade de adestrar e xogar co equipo masculino. O adestrador de RoKi Naiset Tuomas Liitola sinalou que a meta a longo prazo é reducir os custos de xogo das xogadoras de RoKi Naiset a cero.
HPK Kiekkonaiset team transfer O 17 de xuño de 2021, anunciouse que o equipo feminino HPK Kiekkonaiset se transferiría a HPK Liiga Oy, propietaria do equipo da Liiga HPK e o HPK U2 da U20 SM-sarja. Ata o momento, o equipo feminino estaba integrado na asociación HPK-Juniorijääkiekko ry. Segundo Antti Toivanen, CEO de HPK Liiga Oy e director xeral do equipo masculino de HPK, o movemento foi motivado polo interese por capitalizar o crecente mercado do hóckey feminino, que salientou polo récord de audiencia do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2019 celebrado en Espoo. Jorma Hassinen, director xeral de HPK Kiekkonaiset, expresou a súa esperanza por que a transferencia poida ofrecer ás xogadoras as oportunidades de crecemento deportivo que aos homes. Para promover o equipo feminino, HPK anunciou que co abono para a tempada do equipo masculino se podería asistir tamén aos partidos da Naisten Liiga.
Mudanzas nos corpos técnicos +Equipo2019–20 2020–21 DetallesPretempadaHPKMari SaarinenHarri NummelaEn maio de 2021 Nummela foi nomeado novo adestrador de HPK, sendo o cuarto adestrador do equipo de Hämeenlinna en catro anos. Anteriormente Nummela exerceu como adestrador de equipos masculinos na Suomi-sarja e a 2. Divisioona. KärpätJanne SalmelaSamuli HassiHassi foi nomeado como novoo adestrador xefe de Kärpät en abril de 2021 en substitución de Salmela, quen levaba dúas tempadas á fronte do equipo de Oulu. O novo técnico, de 27 anos e nado en Oulu, pasou as catro tempadas anteriores estudando en Rovaniemi e adestrando na organización júnior de Rovaniemen Kiekko (RoKi), exercendo de adestrador xefe de U18 na tempada 2020–21 da Mestis U18 masculina.TPSMatti Tähkäpää, Kai OrtioTerhi MertanenOrtio promovera de adestrador asistente a adestrador xefe logo de que se rescindira o contrato de Tähkäpää a falta de cinco partidos para o final da liga regular da tempada 2020–21. Pouco despois Mertanen foi nomeada adestradora do equipo para a tempada 2021–22 en marzo de 2021, nun contrato de dúas tempadas. Medallista olímpica coa selección finlandesa nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 e nos mundiais de 2004 e 2011, Mertanen pasou as dúas tempadas anteriores como adestradora asistente de RoKi Naiset.
Fichaxes Noora Räty (HPK) Nicole Andenmatten (HPK) Samantha Benoit (HPK)
Competición Estrutura da competición A 39ª edición da Naisten Liiga seguiu o mesmo modelo que a tempada precedente, dividíndose en tres fases:
Na primeira fase participaron dez equipos nunha liga a dobre volta con dous encontros máis por equipo para disputar un total de 20 partidos. Ao finalizar esta fase, os seis mellores equipos disputaron a división superior, mentres que os catro restantes disputaron a serie inferior cos dous equipos ascendidos da Naisten Mestis. Na segunda fase, os equipos da división superior xogaron unha liga a dobre volta na que se contaron os resultados da primeira fase de competición e todos avanzaron aos play-offs. Pola súa banda, na división inferior os equipos xogaron igualmente unha liga a dobre volta, mais sen contabilizar os resultados da fase anterior ou da Naisten Mestis, e os dous mellores equipos do grupo inferior avanzaron aos play-offs. Os oito mellores equipos da tempada disputaron os play-offs pola Aurora Borealis Malja, que se xogaron baixo o formato de eliminatorias ao mellor de cinco encontros. Pola súa banda, os catro peores clasificados xogaron unha liguiña de permanencia a dobre volta na que se tiveron en conta os resultados do grupo inferior da segunda fase, os dous mellores clasificados xogarán a Naisten Liiga 2022-2023, mentres que os outros dous equipos descenden á Naisten Mestis.
Sistema de clasificación Como xa ocorreu na tempada precedente, debido á pandemia de COVID-19 a Naisten Liiga mudou o seu sistema de clasificación para a tempada 2021-22. O sistema clasifica os equipos na táboa en función dos puntos por partido en lugar de polos puntos totais conseguidos, de xeito que o equipo con máis puntos por partido clasifícase por riba na táboa que un que teña menos.
Equipos participantes NomeCidadeEstadioCapacidadeAdestrador/aCapitáStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiMalmin jäähalli500Saara NiemiKaroliina RantamäkiHPK12px HämeenlinnaMetritiski Areena700Harri NummelaHeta SeikkulaIlves12px TampereTesoman jäähalli1 500Linda LeppänenAnna KilponenJenna LehtiniemiKalPa12px KuopioOlvi Areena5 224Marjo VoutilainenJohanna JuutilainenKiekko-Espoo12px EspooTapiolan harjoitusareena750Sami HaapanenMinttu TuominenKärpät12px OuluOulun Energia Areena6 614Samuli HassiSuvi KäyhköRoKi12px RovaniemiLappi Areena3 500Tuomas LiitolaEmmi MourujärviSport12px VaasaVaasan Sähkö Areena4 448Susanne UppgårdPauliina SuoniemiTeam Kuortane12px KuortaneKuortaneen jäähalli400Mira KuismaNea TervonenTPS12px TurkuMarli Areena2 875Terhi MertanenElina Heikkinen
Equipos da Naisten Mestis na segunda fase NomeCidadeEstadioCapacidadeTítulos APV 12px Alavus Alavus Areena Noora Mäkiranta Pinja Niemistö Lukko 12px Rauma Westinghouse Areena Sami Piilikangas Maija Koski
Rolda preliminar Fonte: Leijonat.fi
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1K-Espoo 20 20 0 0 0 137 25 +112 602HIFK 20 17 0 0 3 100 31 +69 513Kärpät 20 13 1 0 6 67 38 +29 414Ilves 20 9 2 2 7 59 42 +17 335Kuortane 20 9 1 2 8 65 72 -7 316TPS 20 7 3 1 9 72 68 +4 287HPK 20 7 2 1 10 47 68 -21 268RoKi 20 6 0 2 12 43 83 -40 209KalPa 20 2 1 2 15 36 78 -42 1010Sport 20 0 0 0 20 27 148 -121 0
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación As seguintes xogadoras lideraron a liga en puntos á conclusión da rolda preliminar o 12 de decembro de 2021.
XogadoraEquipo1Elisa HolopainenK-Espoo1919234222Matilda NilssonHIFK20281240183Estelle DuvinTPS17231639494Kiira YrjänenK-Espoo2020153565Emmi RakkolainenK-Espoo1613162946Sofianna SundelinKuortane1714132787Maija OtamoTPS14111627338Julia LiikalaHIFK2011152669Tinja-Mariia HaukijärviK-Espoo201411253110Oona HavanaKärpät20131225611Nea TervonenKuortane19718250
Porteiras As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas á conclusión da rolda preliminar o 12 de decembro de 2021, tendo xogado canto menos un terzo dos partidos.
Xogadora Equipo 1Noora RätyHPK 14 822:47 7 5 493 24 2 .954 1.752Iina KuuselaHIFK 12 717:13 9 3 315 18 3 .946 1.513Anni KeisalaIlves 15 891:38 6 7 462 27 3 .945 1.824Tiia PajarinenK-Espoo 12 680:00 12 0 231 14 3 .943 1.245Kati AsikainenKärpät 11 660:06 8 3 301 19 2 .941 1.736Johanna OksmanKärpät 9 537:17 6 3 261 17 2 .939 1.907Minja DrufvaK-Espoo 8 460:00 7 0 129 9 1 .935 1.178Janita HaapasaariRoKi 10 559:41 4 5 351 33 0 .914 3.549Erica JaskariTPS 12 726:44 4 6 367 37 1 .908 3.0510Janika JärvikariRoKi 7 388:02 2 4 250 27 0 .903 4.1711Hannele TarkiainenKuortane 10 546:15 6 4 234 26 3 .900 2.86
Segunda fase Liga regular Fonte: Leijonat.fi Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1K-Espoo 30 27 1 0 2 182 44 +138 832HIFK 29 26 0 0 3 137 41 +96 783Kärpät 29 16 2 0 11 85 62 +23 524Ilves 30 12 2 3 13 78 72 +6 435TPS 29 10 3 2 14 101 108 -7 386Kuortane 27 9 1 2 15 72 104 32 31
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación As seguintes xogadoras lideraron a liga en puntos á conclusión da liga regular o 20 de marzo de 2022. Ao contrario do ocorrido en edicións previas, as estatísticas de anotación sumaron os puntos anotados por cada xogadora durante a liga regular sumados aos anotados na rolda preliminar.
XogadoraEquipo1Estelle DuvinTPS 26 31 26 57 652Elisa HolopainenK-Espoo 27 29 27 56 43Matilda NilssonHIFK 29 37 18 55 224Kiira YrjänenK-Espoo 28 26 20 46 105Maija OtamoTPS 23 17 27 44 376Michaela PejzlováHIFK 21 15 27 42 87Tinja-Mariia HaukijärviK-Espoo 30 18 19 37 338Emmi RakkolainenK-Espoo 23 15 22 37 109Emmanuelle PassardHIFK 28 18 15 33 010Julia LiikalaHIFK 27 15 18 33 1011Nelli LaitinenK-Espoo 23 7 24 31 1612Anniina KaitalaIlves 27 17 13 30 1013Sofianna SundelinKuortane 22 16 13 29 814Oona HavanaKärpät 25 13 14 27 1015Tilli KeränenKärpät 22 14 12 26 4
Porteiras As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas á conclusión da liga regular o 20 de marzo de 2022, tendo xogado canto menos un terzo dos partidos.
Xogadora Equipo 1Iina KuuselaHIFK 6 360:00 6 0 113 4 3 .966 0.672Minja DrufvaK-Espoo 4 240:00 4 0 75 5 2 .938 1.253Kati AsikainenKärpät 5 299:04 2 3 188 13 1 .935 2.614Johanna OksmanKärpät 4 244:25 2 2 151 11 0 .932 2.705Tiia PajarinenK-Espoo 6 357:42 4 2 164 13 1 .927 2.186Anni KeisalaIlves 6 357:41 3 3 196 18 0 .916 3.027Emilia KyrkköKuortane 5 285:35 0 4 178 17 0 .913 3.578Lumi JääskeläinenHIFK 3 180:00 3 0 53 6 1 .898 2.009Mila HouniTPS 7 407:07 1 6 211 33 0 .865 4.8610Hennele TarkiainenKuortane 3 125:41 0 3 68 12 0 .850 5.73
División inferior Fonte: Leijonat.fi
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1HPK 10 10 0 0 0 67 12 +55 302KalPa 10 6 2 0 2 34 18 +16 223RoKi 10 4 1 1 4 46 46 0 154Lukko 10 4 0 0 6 19 32 -13 125Sport 10 1 0 3 6 24 45 -21 66APV 10 1 1 0 8 29 66 -37 5
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación As seguintes xogadoras lideraron a liga en puntos á conclusión da división inferior o 20 de marzo de 2022. As estatísticas rexistradas correspóndense unicamente aos dez partidos disputados nesta fase.
A dianteira de RoKi Jenna Hietala liderou a táboa de anotación tanto en goles como en puntos, con 18 goles e 24 puntos en 10 partidos. No que respecta ás asistencias, a dianteira eslovaqua de HPK Júlia Matejková e a xogadora de KalPa Johanna Juutilainen empataron na clasificación, ambas con 12 asistencias en 10 partidos xogados.
XogadoraEquipo1Jenna HietalaRoKi 10 18 6 24 02Kiti SeikkulaHPK 10 12 11 23 03Júlia MatejkováHPK 10 9 12 21 64Jutta StoltenbergHPK 10 10 8 18 125Noora MylläriSport 9 11 6 17 66Riikka NoronenHPK 8 6 10 16 27Jade MäkivaaraHPK 8 5 11 16 08Kaisla KortelainenKalPa 10 6 9 15 29Johanna JuutilainenKalPa 10 3 12 15 010Saimi LehtoHPK 7 5 9 14 211Susanna JärvenpääAPV 10 6 7 13 4
Porteiras As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas á conclusión da división inferior o 20 de marzo de 2022, tendo xogado canto menos un terzo dos partidos. As estatísticas das porteiras só contan os rexistros dos partidos disputados na división inferior.
Xogadora Equipo 1Kassidy SauvéHPK8 480:008018873.9640.882Tiina RanneKalPa9 543:1072245172.9351.883Melisa MörönenSport 8 482:13 1 7 283 28 0 .910 3.484Janika JärvikariRoKi 7 371:10 4 1 197 20 1 .908 3.23 5Johanna NiemiLukko 7 419:00 4 3 159 18 0 .898 2.586Riina ValkamaAPV 10 543:59 2 7 358 56 0 .865 6.18
Play-offs
Cuartos de final K-Espoo (1) vs KalPa (8)
O K-Espoo gaña a serie 3 - 1.
HIFK (2) vs HPK (7)
O HIFK gaña a serie 3 - 1.
Kärpät (3) vs Team Kuortane (6)
As Kärpät gaña a serie 3 - 0.
Ilves (4) vs TPS (5)
O TPS gaña a serie 3 - 0.
Semifinais