José Ramón Gómez Fouz, nado en Oviedo o 27 de xaneiro de 1952, é un exboxeador e escritor asturiano. Foi un dos mellores boxeadores españois na década do setenta, alzándose co campionato de Europa dos pesos superlixeiros en 1975. Traxectoria Fillo dun subinspector de policía, comezou a súa carreira como boxeador en Oviedo. Ao quince anos realizou o seu primeiro combate, comezando así unha carreira que duraría dezaoito anos. Os seus mellores anos foron 1974 e 1975. En 1974 gañou todos os combates menos un, que foi declarado nulo. O 8 de marzo de 1975 venceu a Walter Blaser en Zürich (Suíza), conquistando o título de Europa dos superligeros. Gómez Fouz revalidou o título en xuño do mesmo ano, en Barcelona, tras vencer aos puntos ao italiano Romano Fanali, pero caeu derrotado na súa segunda defensa do título, que tivo lugar o 31 de outubro en Colonia (Alemaña), ante o turco Cemal Kamaci, no sétimo asalto, por KO. Desde entón realizou poucos combates. Disputou un total de oitenta e oito e só perdeu cinco. Foi campión de España dos superlixeiros e wélter.
Notas
Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Deportistas de Asturias Categoría:Nados en 1952 Categoría:Boxeadores de España Categoría:Personalidades sen imaxes