Marco Livio Druso Claudiano (en latín, Marcus Livius Drusus Claudianus) finado no ano 42 a. C, foi un político e militar romano do século I a. C., pai da emperatriz Livia Drusila (consorte de Octavio Augusto) e avó do emperador Tiberio. Pelexou ao lado dos libertadores na batalla de Filipos.
Traxectoria
Familia Claudiano foi membro da familia dos Claudios Pulcros por nacemento, pero foi adoptado por Marco Livio Druso, tribuno da plebe no ano 91 a. C. Casou con Alfidia, filla dun aristócrata provincial de Fundi, coa que tivo unha filla: Livia Drusila. Ao carecer de herdeiros homes, adoptou a un membro dos Escribonios Libones que tomou o nome de Marco Livio Druso Libón.
Carreira pública Aparece mencionado por primeira vez no ano 59 a. C. entre os partidarios dos triunviros cando esperaba entrar nunha embaixada a Exipto. Ocupou a pretura no ano 55 ou 50 a. C. Neste último ano presidiu un proceso xudicial rexido pola Lei Escantinia, aínda que tamén o puido ter presidido en calidade de iudex quaestionis.
Probabelmente foi quen animou a Décimo Xunio Bruto Albino, un dos conspiradores contra César. Após a morte de Xulio César, uniuse aos libertadores e loitou no seu bando na batalla de Filipos. Cando Casio e Bruto se quitaron a vida despois da súa derrota na batalla de Filipos (42 a. C.), Claudio seguiu o seu exemplo e suicidouse tras a derrota.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gruen, E. S. (1995). The Last Generation of the Roman Republic (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520201531
Categoría:Imperio Romano Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Finados en -42