miniatura|A polvoreira de Montjuïc, en Barcelona. Unha polvoreira é un edificio de uso militar onde se almacena a pólvora e as municións ou explosivos feitos a base de pólvora. Habitualmente tamén se produce esta. Dado que dentro destes almacéns gárdanse materiais explosivos, a historia das polvoreiras está chea de numerosos accidentes, entre os cales pódense destacar os seguintes:
A explosión da polvoreira de Delft, nos Países Baixos (daquelas as Provincias Unidas), que causou a morte de máis dun centenar de habitantes e destruíu parte da cidade. Tivo lugar o 12 de outubro de 1654. A explosión da polvoreira de Grenelle (hoxe barrio de París), o 31 de agosto de 1794. Houbo máis dun milleiro de vítimas, entre persoal do almacén e a poboación veciña, e todos os arredores resultaron afectados. A explosión da polvoreira de Santo Ferran, en Palma, o 25 de novembro de 1895, considerado o accidente laboral máis lutuoso das illas Baleares. Causou a morte de 97 empregados, a maior parte deles mulleres e nenos. A explosión da polvoreira no barrio de Calidonia en Panamá, o 5 de maio de 1914. Provocou a morte de bombeiros, policías e civís. A explosión da polvoreira das Dezaoito Pontes, en Lille, ao norte de Francia, o 11 de xaneiro de 1916. Provocou 104 mortos e 400 feridos, e especúlase que fose obra dunha sabotaxe contra o exército alemán ocupante durante a primeira guerra mundial. A explosión da polvoreira da Armada, en Cádiz, o 18 de agosto de 1947 que causou a morte de máis de 250 habitantes e provocou graves danos na cidade. As explosións de Río Tercero de 1995, na provincia de Córdoba (Arxentina), caso criminal ocorrido o 3 de novembro de 1995 que causou a morte de 7 persoas e deixou polo menos 300 feridos de distinta gravidade.
Notas
Véxase tamén Las Ventanas del Tiempo, «Una tragedia olvidada: La explosión del polvorín de Sant Ferran en Palma»
Categoría:Explosivos Categoría:Arquitectura militar