Odón Casimiro Cobas García, nado en San Pedro de Vilanova (Vedra) o 1 de abril de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Estudou Mestría Industrial en Santiago de Compostela, sendo topógrafo de profesión.Entrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 27-5-2006, p. 12. Posúe unha pequena explotación de Albariño.Entrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 27-5-2006, p. 12. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Vedra nas eleccións municipais de 1995, logrando 4 concelleiros e pactando un goberno coa formación independente AVIVE, polo cal asumía os dous primeiros anos de lexislatura a alcaldía o independente Pedro Guitián Rodríguez, e el os dous últimos. Desta forma, asumiu a alcaldía en xuño de 1997. Nas municipais de 1999 foi a candidatura máis votada con 6 concelleiros, a un da maioría absoluta, polo que foi reelixido alcalde e estableceu un pacto de goberno co BNG. Neste mandato foi deputado provincial. Nas municipais de 2003 foi reelixido alcalde ó logra-la maioría absoluta con 7 edís. Nas municipais de 2007 revalidou a alcaldía, pero perdeu a maioría absoluta ó baixar a 6 concelleiros, gobernando en minoría.
Perdeu a alcaldía nas municipais de 2011, nas cales logrou 5 concelleiros fronte a 6 do PPdeG, polo que este asumiu a alcaldía como cabeza da lista máis votada, grazas á abstención de Terra Galega e votando o BNG a favor de Cobas. Volveu se-lo candidato socialista nas municipais de 2015, pero non conseguiu recupera-la alcaldía, dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. En decembro de 2015 renunciou á acta de concelleiro e retirouse da primeira liña política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vedra
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Vedra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes