Pablo Lago Sanmartín, nado en 1978, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Rexentou un estanco en Brión. Nas eleccións municipais de 2019 foi o número 2 do PSdeG-PSOE en Brión, sendo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo, servizos básicos e limpeza. Trala dimisión de Xosé Luís García en setembro de 2020, foi elixido novo alcalde de Brión. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e, se ben perdeu a maioría absoluta, foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Brión
Categoría:Alcaldes de Brión Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes