José Antonio Pereira Gil, nado na Baña o 21 de febreiro de 1974, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria É Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na Baña dende 2014, cando tamén foi elixido candidato á alcaldía para as eleccións municipais de 2015. En dita convocatoria foi a segunda forza máis votada con 4 concelleiros, se ben o PPdeG mantivo pola mínima a maioría absoluta e non houbo opción a un goberno alternativo. Nas municipais de 2019 volveu se-lo candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía, mantendo os resultados de 2015 e perdendo o PPdeG a maioría, polo que foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de Compromiso por Galicia, gobernando en minoría. En decembro de 2021, os dous edís electos por CxG (logo de abandonar previamente esta formación) apoiaron unha moción de censura que supuxo que o PPdeG recuperase a alcaldía do concello, polo que volveu situarse de novo na oposición. Nas municipais de 2023 mellorou os seus resultados, igualando os 5 concelleiros do PPdeG e quedándose a tan só 19 votos deste, polo que recuperou a alcaldía tras chegar a un acordo coa concelleira do BNG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Baña
Ligazóns externas Se confirma el cambio en A Baña con José Antonio Pereira como alcalde El PSOE coruñés respalda al alcalde de A Baña y denuncia el "asalto al poder del PP"
Categoría:Alcaldes da Baña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes