Susan Trumbore é unha científica do sistema terrestre estadounidense cuxa investigación se centra en comprender o ciclo do carbono e o seu impacto no clima. É directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena e profesora de Ciencias do sistema da Terra na Universidade de California, Irvine e profesora honoraria na Universidade Friedrich Schiller.É membro da Unión Americana de Xeofísica, da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e da Academia Europaea. Foi galardoada coa Medalla Benjamin Franklin.

Traxectoria Trumbore obtivo a súa licenciatura en Xeoloxía na Universidade de Delaware en 1981 e o seu doutoramento en Xeoquímica na Universidade de Columbia en 1989.Completou a súa formación posdoctoral no Instituto Federal de Tecnoloxía Suízo de Zürich e o Laboratorio Nacional Lawrence Livermore. Uniuse á facultade da Universidade de California, Irvine (UCI) en 1991.

É profesora de Ciencia do sistema da Terra en UCI, codirectora de W.M. Keck Carbon Cycle Accelerator Mass Spectrometry Facility, e directora da oficina de UCI do Instituto de Xeofísica e Física Planetaria.

En 2009 foi nomeada directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena.

Trumbore é membro do equipo do Collaborative Research Center AquaDiva e de iDiv. É co-coordinadora do proxecto de investigación conxunto brasileiro/alemán na Amazonía ATTO.É a investigadora principal do proxecto 14Constraint, financiado por unha subvención avanzada do Consello Europeo de Investigación.

Premios e recoñecementos

Membro da Unión Americana de Xeofísica e a Asociación Americana para o Avance da Ciencia en 2005. Foi elixida para a Academia Nacional de Ciencias en 2010. Medalla Benjamin Franklin en 2018 por «o seu uso pioneiro de medicións de radiocarbono en bosques e chans para avaliar o fluxo de carbono entre a biosfera e a atmosfera, con implicacións para a comprensión do cambio climático futuro». Premio Balzan en Dinámicas do sistema terrestre (2020) Elixida membro da Academia Europaea (2020) Medalla Vladimir Ivanovich Vernadsky (2021)

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Nados en 1959 Categoría:Xeólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Alumnos da Universidade de Delaware Categoría:Membros da Academia Europaea Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América