Margarita Lamela Louzán, nada en Cee en 1970, é unha política e avogada galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee, pasando de 1 a 2 concelleiros e formando parte da oposición ó goberno de Ramón Vigo. Nas municipais de 2019 volveu se-la candidata do PSdeG-PSOE e nesta ocasión foi elixida alcaldesa ó encabeza-la lista máis votada, pasando 2 a 4 concelleiros e gobernando en minoría.
Dende febreiro de 2022 ocupa unha das vicesecretarías da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG.
Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser a candidata do PSdeG-PSOE e conseguiu revalida-la alcaldía con maioría absoluta, pasando de 4 a 7 concelleiros.
Vida persoal É filla do anterior alcalde socialista Manuel Lamela Lestón.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cee
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes