Inmaculada Mengíbar, nada en Córdoba o 5 de xuño de 1962, é unha escritora feminista española. Licenciada en Filoloxía Hispánica, reivindica o seu dereito como muller á produción, fronte ao tradicional papel da reprodución e así o reflicte nas súas obras.

A súa obra combina poesía e narrativa, situando os poema en contextos urbanos e cotiáns.Amosa influencias de Rafael Alberti e da Xeración do 50, especialmente de Jaime Gil de Biedma.

Foi incluída en Los cuarenta principales. Antología general de la poesía andaluza contemporánea (1975-2002), unha selección de poetas nados entre os anos 1945 e 1977, que publicada pola editorial Renacimiento para visibilizar poetas de Andalucía pouco coñecidos no ámbito nacional.

A súa poesía foi recollida tamén noutras antoloxías como Ellas tienen la palabra: dos décadas de poesía española, Poesía para los que leen prosa ou La otra sentimentalidad: estudio y antología.

En 1988 foi galardoada co Premio Hiperión pola súa obra Los días laborables, e no ano 1994 obtivo o Premio Jaén de poesía, por Pantalones blancos de franela.

Obra Los días laborables (1988). Pantalones blancos de franela (1994). Reverso (1996). Igual que entonces (2025)

Premios Hiperión (1988). Premio Jaén de Poesía (1994).

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá