The Green Knight é un filme estadounidense-canadense de 2021 dirixido, escrito, editado e producido por David Lowery. É un filme épico de fantasía medieval adaptado do poema do século XIV Sir Gawain e o Cabaleiro Verde. Está protagonizado por Dev Patel como Gawain, o sobriño do Rei Artur, quen emprende unha viaxe para poñer a proba a súa coraxe e afrontar o Cabaleiro Verde. No filme tamén aparecen Alicia Vikander, Joel Edgerton, Sarita Choudhury, Sean Harris e Ralph Ineson.

The Green Knight estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de xullo de 2021 a través de A24. O filme recibiu a aclamación da crítica pola súa cinematografía, música, interpretacións, valores de produción e a orixinalidade, dirección e escritura de Lowery. Recadou máis de 18 millóns de dólares fronte a un orzamento de 15 millóns de dólares.

Personaxes Dev Patel como Sir Gawain Alicia Vikander como Essel e a Dama Joel Edgerton como Lord Sarita Choudhury como Nai Sean Harris como o Rei Artur Ralph Ineson como Cabaleiro Verde Barry Keoghan como o asaltador Erin Kellyman como Winifreda Kate Dickie como Raíña Xenevra Atheena Frizzell como irmá máis nova Nita Mishra como irmá máis vella Tara McDonagh como irmá media Helena Browne como a muller cega Megan Tiernan como a nova raíña de Gawain Emmet O'Brien como Mago

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes baseados en poemas Categoría:Filmes baseados na lenda artúrica Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19