Galicia infinda é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán publicado na Colección Salnés da Editorial Galaxia en 1963.

Características Esta obra reuniu boa parte da súa poesía de posguerra. Está composto por cinco apartados: Cantarenas, Valdeorras, Castiñeiros, Varia e Poemas mexicanos. No libro conviven tendencias heteroxéneas, como a adopción dunha arquitectura modernista, motivos neorrománticos e recreacións de situacións e presenzas pouco habituais ata entón na literatura galega. A obra ten tres tipos de poemas:

Os que prolongan a liña do libro anterior, a evocación animista da terra natal. Os que fican na tradición novecentista de neorromantismo, na forma modernista representada principalmente por Ramón Cabanillas. Os poemas mexicanos que recollen paisaxes e ambientes aztecas, escritos nunha especie de galego crioulo mexicano.

Para a Editorial Galaxia:

Edicións Foi reeditado en Xerais en 2022 da man de Xosé Ramón Pena en Galaxia no mesmo ano en edición de Dulce Fernández Graña.

Poemas Galicia infinda

Nomes Resposta a Rosalía

Cantarenas

Córgomo de Valdeorras Moza Os "Trintas" Laios de vello Riu de Farelos A caldeira A malla

Esquiadores Casoiro Enterro Prego final á Santa Marta, avegosa dos ouvidos

Valdeorras

Bocarribeira valdeorresa Saúdo a Otero Pedrayo

Meu peteiro peteirara Sinfonía parva

Castiñeiros

O souto morto Andan os paxaros... Namórame o feitizo do tesouro... As xeiras do castiro

Varia

Pandeirada Domadora de serpes Pintura de feira Os gaiteiros de Montgomery Alvariño

A galega en París Vello almanaque

Poemas mexicanos

Noiturnio da noiva "jarocha" Conto sinxelo Xarabe tapatío Hai sede na nova Galicia Xacaranda Rumba Morelia Paso por mil cumes Paricutín

Tabachín Manzanillo (Colima) Atotonilco Volta O viaxeiro

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1963 Categoría:Florencio Delgado Categoría:Obras de poesía en galego