Zlata Bartl, nada en Dolac o 20 de febreiro de 1920 e finada en Koprivnica o 30 de xullo de 2008, foi unha científica croata de Bosnia e a creadora de Vegeta, un dos ingredientes máis populares na cociña do leste de Europa.
Traxectoria Bartl terminou a escola en Saraxevo e trasladouse a Zagreb para estudar ciencias.
En 1955 empezou a traballar como técnica químico en Podravka, Croacia. E alí en 1959 creou Vegeta, que se convertería nunha das marcas croatas máis populares. Desde entón recibiu numerosos recoñecementos e premios, como a Orde de Danica Hrvatska.
Hai unha fundación de bolsas creada no seu nome para estudantes de ciencias en Zagreb.
Notas
Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1920 Categoría:Inventores de Croacia Categoría:Nados en Saraxevo Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb