Pena Mira é un pico da serra da Culebra de 1241 metros e que constitúe o seu cume máis elevado.

Localización Atópase na liña divisoria entre os concellos de Manzanal de Arriba e Figueruela de Arriba na comarca da Carballeda da provincia de Zamora. No bico desta montaña hai dúas enormes rochas que están separadas uns 300 metros e na máis alta sitúase un vértice xeodésico .

Orografía

A serra presenta polo xeral unha orografía suave, con altitudes comprendidas maioritariamente entre os 800 e os 1.200 metros. Dende o punto de vista xeolóxico a elevación formouse mediante diversos dobramentos hercinianos.

Notas

Categoría:Montañas de Castela e León Categoría:Provincia de Zamora