A moeda de Terra Nova é a emitida para a súa circulación neste territorio norteamericano, inicialmente como colonia británica, ata 1907, e posteriormente como dominio británico, ata 1949, data en que Terra Nova e Labrador pasa a constituírse como provincia do Canadá.

Antecedentes As primeiras moedas utilizadas en Terra Nova, do mesmo xeito que no resto do Canadá, foron as levadas consigo polos primeiros colonos e polos comerciantes que se achegaban ás súas costas.

En tanto que nos territorios de influencia francesa abundaban as moedas dese país, as moedas de uso común en Terra Nova naquela primeira época procedía maioritariamente de Gran Bretaña e tamén doutros países que tiñan actividade pesqueira na zona, como Portugal.

Emisións privadas de comerciantes Neste contexto, á medida que os intercambios comerciais ían xerando unha maior necesidade de moeda circulante, algúns comerciantes e entidades locais comezaron a cuñar as súas propias moedas, baixo o sistema monetario inglés, coñecidas na tradición anglosaxoa como tokens."19th Century Canada Genuine Trade Tokens". London Numismatic Club.

Os irmáns Rutherford miniatura|261x261px|Token de medio penique emitido por Rutherford en San Xoán, Terra Nova (ca. 1840-1841)."½ Penny - Rutherford "St John's"". Numista.com As primeiras destas moedas privadas en Terra Nova emitíronse en 1841 en San Xoán, co valor de medio penique, a cargo dos irmáns Robert e I. S. Rutherford, establecidos en 1840 como comerciantes nesa cidade.

Nos seus anversos amosan o escudo familiar dos Rutherford e nos reversos unha ovella colgada, coa lenda R & I:S:RUTHERFORD * St JOHN'S NEWFOUNDLAND. Hai dúas variedades destes tokens, unha con data de 1841 baixo o escudo do anverso e outra sen ela, que podería estar cuñada ese mesmo ano ou no anterior.Variedades do token de 1841: "sen data" e "con data". Numista.com

En 1846, logo de que un incendio destruíse o establecemento de San Xoán, outros dous irmáns dos Rutherford, chamados George e Andrew, abriron un novo comercio na vila de Harbour Grace e posteriormente fixeron unha nova emisión de tokens, tamén co valor de medio penique. A súa tipoloxía é moi semellante á da emisión anterior, coa diferenza das lendas do reverso: RUTHERFORD BROS. * HARBOUR GRACE NEWFOUNDLAND."½ Penny - Rutherford Harbour Grace". Numista.com

O gravado destas moedas, tanto as de 1841 como as de 1846, atribúeselles a Boulton e Watt, e a cuñaxe realizouse en Birmingham, Inglaterra, ou ben na Ceca de Soho, ou ben na de Ralph Heaton & Sons, ou con subcontratacións entre ambas.

Peter McAuslane Outra das primeiras emisións privadas de moeda en Terra Nova foi a levada a cabo na década de 1840 (ca. 1844) por Peter McAuslane, un comerciante xeral de San Xoán.Willey, R. C. (2013). "Coins and Tokens". The Canadian Encyclopedia. A partir do mencionado incendio producido nesta cidade en 1846, McAuslane trasladou o seu establecemento á provincia do Alto Canadá, o actual Ontario.

No anverso desta moeda, con valor dun cuarto de penique (farthing), amósase a lenda PETER McAUSLANE ST. JOHN'S NEWFOUNDLAND, en tanto que no reverso, a lenda SELLS ALL SORTS OF SHOP & STORE GOODS rodea a imaxe dunha vide con flores."1 Farthing - Peter McAuslane". Numista.com

Emisións anónimas Outras dúas emisións posteriores carecen de mención ao emisor e tamén á localización xeográfica. Coñécense senllas moedas de medio penique, unha primeira con data de 1858 e unha segunda con data de 1860:

O medio penique de 1858, do que se coñecen moi poucos exemplares, amosa no anverso un barco moi similar ao dos tokens da Illa do Píncipe Eduardo. O reverso está ocupado unicamente pola data: 1858. Os cuños desta moeda foron gravados por Ralph Heaton e a cuñaxe produciuse na ceca privada Ralph Heaton & Sons, en Birmingham."½ Penny - Sailing Ship design". Numista.com O medio penique de 1860, tamén moi escaso, amosa a data na parte central do anverso, no interior dun círculo e rodeada pola lenda FISHING RIGHTS FOR NEWFOUNDLAND. A lenda do reverso, situada no centro, é: RESPONSIBLE GOVERNMENT AND FREE TRADE. Con estas inscricións faise unha declaración política acerca da promoción da industria pesqueira e a apelación á responsabilidade do Goberno, logo da sinatura dun tratado por parte dos principais estados con intereses pesqueiros."½ Penny - Responsible Government and Free Trade". Numista.com

Moedas do dólar de Terra Nova (1865-1947) Véxase tamén: Dólar de Terra Nova En 1865, Terra Nova adoptou o dólar como moeda do sistema decimal, do mesmo xeito que o fixeran o Canadá, Novo Brunswick e Nova Escocia.

Terra Nova foi o único territorio de soberanía británica en América do Norte cunha moeda propia de ouro —aínda que na ceca de Ottawa tamén se producían soberanos británicos—. Nun principio pensouse en producir neste metal moedas dun dólar, aínda que se pensou que os pescadores as poderían perder por mor do seu reducido tamaño; por este motivo decidiuse crear as moedas de dous dólares en ouro.Cross, W. K. (2005). Páxina 55."Newfoundland, two dollars, 1870". Coinsandcanada.com. 29 de marzo de 2004.

Cecas A combinación entre a data de cuñaxe e a presenza ou a ausencia dunha marca de ceca indica o lugar de produción destas moedas. As moedas canadenses emitidas entre 1858 e 1907 foron, todas elas, cuñadas en Inglaterra; se carecen de marca de ceca proceden da Royal Mint, en Londres, e se teñen a marca "H" foron cuñadas na ceca de Heaton, en Birmingham.Berman, A. G. (2008). Páxina 137. En 1908 a Royal Mint estableceu unha das súas sucursais en Ottawa, que daría lugar á posterior Casa da Moeda do Canadá; as moedas procedentes desta ceca amosan un "C" como marca de ceca.Cuhaj, G. S. (ed.) (2012). Páxina 15.

Moedas emitidas Estes son os modelos e os valores das moedas de Terra Nova cuñadas oficialmente baixo o sistema do dólar, agrupados por reinados:"Coins from Newfoundland". Numista.com

+Raíña Vitoria (1837-1901)Valor facialAnverso e reversoPeríodoCecasOutros datosDeseño / Gravado1 cent "1 Cent. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com255x255px1865 a 1896 Royal Mint Birmingham Metal: Cu Diámetro: 25,33 mm Peso: 5,67 g Tiraxe: 1.930.025 Deseño: H. Morehen. Gravado: T. Minton.5 cents "5 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com209x209px1865 a 1896 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 15, 2 mm Peso: 1,17 g Tiraxe: 1.140.260 L. C. Wyon.10 cents "10 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com221x221px1865 a 1896 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 17,5 mm Peso: 2,35 g Tiraxe: 681.61420 cents "20 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com238x238px1865 a 1900 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 23,19 mm Peso: 4,71 g Tiraxe: 1.215.79750 cents "50 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com265x265px1870 a 1900 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 30 mm Peso: 11,78 g Tiraxe: 954.2822 dólares "2 Dollars. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com240x240px1865 a 1888 Royal Mint Birmingham Metal: Au Diámetro: 23,50 mm Peso: 3,32 g Tiraxe: 98.575 +Eduardo VII (1901-1910)Valor facialAnverso e reversoPeríodoCecasOutros datosDeseño / Gravado1 cent "1 Cent. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com255x255px1904 a 1909 Royal Mint Birmingham Metal: Cu Diámetro: 25,53 Peso: 5,67 Tiraxe: 500.000 A/.: G. W. de Saulles. R/.: H. Morehen.5 cents "5 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com209x209px1903 a 1908 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 15,2 mm Peso: 1,17 g Tiraxe: 600.000 G. W. de Saulles.10 cents "10 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com221x221px1903 e 1904 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 17,50 Peso: 2,35 Tiraxe: 200.000 G. W. de Saulles.20 cents "20 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com238x238px1904 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 23,19 mm Peso: 4,71 g Tiraxe: 75.000 A/.: G. W. de Saulles. R/.: W. H. J. Blakemore.50 cents "50 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com265x265px1904 a 1909 Royal Mint Birmingham Metal: Ag Diámetro: 30 mm Peso: 11,78 g Tiraxe: 2.400.000 A/.: G. W. de Saulles. R/.: W. H. J. Blakemore. +Xurxo V (1910-1936)Valor facialAnverso e reversoPeríodoCecasOutros datosDeseño / Gravado1 cent "1 Cent. Newfoundland. George V". Colnect.com255x255px1913 a 1936 Royal Mint Ottawa Metal: Cu Diámetro: 25,5 mm Peso: 5,67 g Tiraxe: 2.304.534 A/.: E. B. MacKennal. R/.: H. Morehen.5 cents "5 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com209x209px1912 a 1929 Royal Mint Ottawa Metal: Ag Diámetro: 15,5 mm Peso: 1,78 g Tiraxe: 1.011.163 A/.: E. B. MacKennal. R/.: G. W. de Saulles.10 cents "10 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com221x221px1912 a 1919 Royal Mint Ottawa Metal: Ag Diámetro: 17,5 mm Peso: 2,35 g Tiraxe: 455.147 A/.: E. B. MacKennal. R/.: G. W. de Saulles.20 cents "20 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com238x238px1912 Royal Mint . Ottawa Metal: Ag Diámetro: 23,20 mm Peso: 4,71 g Tiraxe: 350.000 A/.: E. B. MacKennal. R/.: W. H.J. Blakemore.25 cents "25 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com242x242px1917 e 1919 Royal Mint Ottawa Metal: Ag Diámetro: 23,6 mm Peso: 5,32 g Tiraxe: 628.718 A/.: E. B. MacKennal. R/.: W. H.J. Blakemore.50 cents "50 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com265x265px1911 a 1919 Royal Mint Ottawa Metal: Ag Diámetro: 29,89 mm Peso: 11,78 g Tiraxe: 1.176.651 A/.: E. B. MacKennal. R/.: W. H.J. Blakemore. +Xurxo VI (1936-1952)Valor facialAnverso e reversoPeríodoCecasOutros datosDeseño / Gravado1 cent "1 Cent. Newfoundland. George VI". Colnect.com255x255px1938 a 1947 Royal Mint Ottawa Metal: Cu Diámetro: 19 mm Peso: 3,20 g Tiraxe: 6.506.831 A/.: P. Metcalfe. R/.: W. J. Newman.5 cents "5 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com209x209px1938 a 1947 Royal Mint . Ottawa Metal: Ag Diámetro: 15,5 mm Peso: 1,17 g Tiraxe: 1.571.655 A/.: P. Metcalfe. R/.: G. W. de Saulles.10 cents "10 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com221x221px1938 a 1947 Royal Mint Ottawa Metal: Ag Diámetro: 18 mm Peso: 2,35 g Tiraxe: 1.233.543 A/.: P. Metcalfe. R/.: G. W. de Saulles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Berman, A. G. (2008). Warman's Coins And Paper Money: Identification and Price Guide (4 ed.). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-683-3 Cross, W. K. (2005). Charlton Standard Catalogue. Canadian Coins (59ª ed.). Charton Press. ISBN 978-0889682887 Cuhaj, G. S. (ed.) (2012). Canadian Coin Digest (2ª ed.). Krause Publications. ISBN 978-1-4402-2985-5 Haxby, J. A.; Willey, R. C. (1998). Coins of Canada (16ª ed.). The Unitrade Press. ISBN 978-1895909616 Leughton, E. (2020). The trade tokens of Newfoundland and Labrador & Prince Edward Island. Lighton. ISBN 9780978353339

Outros artigos

Dólar de Terra Nova

Categoría:Moedas do Canadá Categoría:Moedas fóra de curso