Brian Selznick, nado en East Brunswick (Nova Jersey) o 14 de xullo de 1966,Rich, Motoko. "Reads Like a Book, Looks Like a Film", The New York Times, 26 de xaneiro de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2011 é un escritor e ilustrador estadounidense, autor de literatura infantil, galardoado co premio Caldecott.
Traxectoria
É o maior de tres irmáns, e sobriño-neto do produtor de Hollywood David O. Selznick. Selznick formouse na Rhode Island School of Design. Traballou durante tres anos en Eeyore's Books for Children, en Manhattan, mentres traballaba no seu primeiro libro, The Houdini Box. Viviu en Brooklyn (Nova York) e San Diego (California).
Selznik cita a Maurice Sendak, autor de Where the Wild Things Are, e Remy Charlip, autor de Fortunately, como grandes influencias para varios dos seus libros. A invención de Hugo Cabret foi adaptada ao cine co título de Hugo polo director Martin Scorsese, estreada en novembro de 2011. Narra a historia dun neno orfo en París, na década dos anos 30, e de como tenta recompor un autómata estragado. O libro foi inspirado nunha pasaxe de Edison’s Eve, escrito por Gaby Wood. Este libro céntrase na colección de autómatas que pertenceu a Georges Méliès. Tras a súa morte, a colección foi refugada polo museo ao que foi doada. Selznick, un seareiro de Méliès e dos autómatas, quedou fascinado, imaxinando como un neno roubaba unha daquelas marabillas mecánicas.
Obra escrita The Houdini Box (1991) The Robot King (1995) Boy of a Thousand Faces (2000) A invención de Hugo Cabret (The Invention of Hugo Cabret, 2007). Para a película, véxase Hugo) Marabillas (Wonderstruck, 2011) The Marvels (2015)
Obra ilustrada
Amelia and Eleanor Go For a Ride, Autor: Pam Munoz Ryan Barnyard Prayers, Autor: Laura Godwin The Boy Who Longed for a Lift, Autor Norma Farber The Dinosaurs of Waterhouse Hawkins, Autor: Barbara Kerley Doll Face Has a Party, Autor Pam Conrad The Doll People, Autor: Ann M. Martin e Laura Godwin The Dulcimer Boy, Autor: Tor Seidler Frindle, Autor: Andrew Clements The Landry News, Autor: Andrew Clements (de peto) Lunch Money, Autor: Andrew Clements Marley's Ghost, Autor David Levithan The Meanest Doll in the World, Autor: Ann M. Martin e Laura Goodwin Our House: Stories of Levittown, Autor: Pam Conrad Riding Freedom, Autor: Pam Munoz Ryan The Runaway Dolls, Autor: Ann M. Martin e Laura Godwin The School Story, Autor: Andrew Clements Walt Whitman: Words for America, Autor: Barbara Kerley When Marian Sang, Autor: Pam Munoz Ryan Wingwalker, Autor: Rosemary Wells Wonderstruck, Autor: Brian Selznick The Invention Of Hugo Cabret, Autor: Brian Selznick The Walking Dead, Autor: Brian Selznick Distincións
En 2008 recibiu a Medalla Caldecott pola súa obra "A invención de Hugo Cabret" , tamén gañou a Caldecotte de Honra por "Os dinosauros do Waterhouse Hawkins". Outros premios adicionais inclúen: Texas Bluebonnet Premio, Premio de Rhode Island Children's Book, e o Premio Christopher.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial do premio Caldecott Official Sitio oficial de Hugo Cabret Perfil de Brian Selznick Entrevista escolar (en inglés) Reading Rockets Interview
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Escritores de literatura infantil dos Estados Unidos de América Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América