George Latimer Bates, nado o 21 de marzo de 1863 en Abingdon, Illinois (Estados Unidos), e finado o 31 de xaneiro de 1940 en Chelmsford, Essex (Reino Unido), foi un explorador e naturalista (botánico, zoólogo) estadounidense.
Traxectoria Bates estudou no Knox College de Galesburg (Illinois) e no Seminario Teolóxico de Chicago, da Universidade de Chicago.
En 1895, visitou África Occidental e viviu no sueste do Camerún, gañándose a vida como agricutor. Recolleu espécimes de historia natural nas súas viaxes e enviou moitos destes ao Museo de Historia Natural de Londres.
En 1928 trasladouse a Inglaterra e escribiu o Handbook on the Birds of West Africa (1930).
Aprendeu árabe e visitou Arabia en 1934, onde estudou a ornitoloxía do país. Non puido publicar o seu traballo, pero escribiu varios artigos sobre aves árabes para o Ibis.
O seu manuscrito inédito sobre as aves de Arabia foi utilizado máis tarde por Richard Meinertzhagen.
Epónimos Unha especie de serpe africana, Rhamnophis batesii, reciu o seu nome na súa honra. Así mesmo foron nomeados na súa honra tres especies de anfibios africanos (Astylosternus batesi, Phrynobatrachus batesii e Nectophryne batesii), vinte aves e catro mamíferos.
Abreviatura A abreviatura Bates emprégase para recoñecer a George Latimer Bates como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2013): The Eponym Dictionary of Amphibians. Pelagic Publishing. ISBN 978-1-9078-0742-8. Obituary. Ibis 1940: 343–348. Warr, Frances E. (1996): Manuscripts and Drawings in the ornithology and Rotschild libraries of The Natural History Museum at Tring. British Ornithologists' Club.
Categoría:Exploradores Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1940