Emilio Manuel Timiraos Cervo, nado en Viveiro cara a 1908 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro de Viveiro. Membro da UGT, da que foi secretario, e militante do PCE, foi secretario sindical do Radio Comunista de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de outubro. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 9 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de abril de 1937 con Manuel Enríquez Fernández, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, José María Gallo Gallo e Faustino Fernández Cartategui.El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Carpinteiros