A Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante (MZA) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1856 e que se converteu nunha das grandes empresas do sector ferroviario xunto coa súa grande antagonista, a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. Este antagonismo viña das grandes familias financeiras que rivalizaban na época, a familia Rothschild por MZA e os irmáns Pereire pola do Norte.

Historia

Fundada en 1856, a compañía, partindo das súas primeiras concesións ferroviarias, estendeuse rapidamente até facerse con algunhas das liñas principais de Extremadura, Castela a Nova, Andalucía e o Levante peninsular, controlando un importante mercado.

A MZA foi tamén a que construíu as estacións de Atocha en Madrid, a de El Carmen en Murcia, a de Campo Sepulcro (posteriormente de Zaragoza–El Portillo) en Zaragoza e a da Plaza de Armas en Sevilla, tamén coñecida como estación de Córdoba, e actualmente reconvertida en centro comercial.

Coa chegada do século XX, MZA encontrouse no momento de maior esplendor da súa historia operativa, aínda que non por moito tempo debido a unha crise da compañía. A guerra civil española supuxo o "canto do cisne" para a MZA, que quedaría condenada cando en 1941 a ditadura de Francisco Franco decretou a nacionalización de todos os ferrocarrís de vía ancha. Con iso MZA deixou de existir, integrándose na RENFE.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Compañía del Ferrocarril de Madrid a Zaragoza y Alicante en ferropedia.es

Categoría:Empresas ferroviarias de España