Jesús Dubra Rama, nado en Trazo en 1941 e finado o 12 de xaneiro de 2002Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-01-2002, p. 73., foi un político galego.
Traxectoria Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Trazo nas eleccións municipais de 1983, logrando tan só un concelleiro, pero elixido alcalde co apoio dos grupos da dereita, fronte ao alcalde independente progresista Raúl Ríos Álvarez. Porén, unha sentenza da Audiencia Territorial modificou os resultados electorais outorgándolle a maioría absoluta aos independentes con 7 concelleiros. Pola súa parte, o PSdeG deixouno de recoñecer como socialista polo seu pacto coa dereita. A pesar de atrasar o máximo posible o novo pleno de investidura, este realizouse en marzo de 1984La Voz de Galicia ed. Santiago, 17-03-1984, p. 28., recuperando Ríos a alcaldía.
Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS, logrando un só concelleiro e apoiando a Raúl Ríos Álvarez, que nesa ocasión gañara de novo as eleccións á fronte do PSdeG-PSOE. No entanto, retiroulle o apoio na primavera de 1988, presentando unha moción de censuraLa Voz de Galicia ed. Santiago, 20-05-1988, p. 35. co apoio dos grupos da CPG e AP, co que foi elixido alcalde no mes de xulloLa Voz de Galicia, 17-07-1988, p. 27..
Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do CDS, gañando as eleccións con 5 concelleiros, fronte a 4 do PPdeG e a 2 do PSdeG-PSOE de Ríos Álvarez. Desta forma, conformouse un goberno de coalición con socialistasLa Voz de Galicia, 29-10-1991, p. 29., o cal se mantivo ata 1994La Voz de Galicia ed. Santiago, 21-01-1995, p. 39.. En xaneiro de 1995, pasouse con gran parte do seu equipo ao PPdeGLa Voz de Galicia, 20-01-1995, p. 20. encabezando a súa candidatura nas municipais de maio dese mesmo ano e gañándoas con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 encabezou de novo o PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Finou o 12 de xaneiro de 2002, sendo substituído por José Dafonte Varela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Trazo Raúl Ríos Álvarez
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia polo CDS Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Trazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2002