O tesouro de Hoxne é o maior tesouro de ouro e de prata do Imperio Romano tardío achado en Gran Bretaña,"A History of the World in 100 objects: Hoxne pepper pot". En BBC.co.uk así como a maior acumulación de moeda romana de ouro dos séculos IV e V das atopadas en toda a extensión do Imperio.
O seu descubridor foi Eric Lawes, coa axuda dun detector de metais, e o achado tivo lugar na vila de Hoxne, en Suffolk, Inglaterra, en 1992. O tesouro está composto por 14.865 moedas romanas de ouro, prata e bronce, así como arredor doutros 200 obxectos de prata de enxoval e xoias de ouro.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 169.
Todos estes obxectos están conservados no Museo Británico, en Londres, onde se expoñen con carácter permanente os espécimes máis sobranceiros e unha selección do resto. En 1993, un comité de valoración especialmente constituído para este tesouro valorouno en arredor de 1,75 millóns de libras esterlinas.Goodwin, S. (1996). "Plan to extend protection for buried treasure". En The Independent. 9 de marzo.
O tesouro estaba agochado nun cofre de carballo, cos obxectos dispostos por tipos, algúns deles en caixas máis pequenas e outros en bolsas téxtiles ou envoltos en tecidos. Na escavación recuperáronse restos do cofre e dos accesorios, como gonzos e pechaduras. As moedas que o compoñen datan de despois do ano 407 d. C., o que coincide co final da Britania como provincia romana.Birley, A. R. (2005). Páxina 458.
Descoñécese quen era o seu posuidor e os motivos do seu soterramento, mais estaba coidadosamente empaquetado e o seu contido semella acorde co que podería posuír unha soa familia de gran riqueza. É probable que o tesouro soamente represente unha parte da fortuna do seu propietario, dada a ausencia de grandes recipientes de prata para servir e dalgúns tipos de xoias moi comúns na época.
O tesouro de Hoxne contén varios obxectos particularmente salientables e escasos, como unha cadea de ouro e pementeiras de prata dourada, incluída a coñecida como "pementeira da emperatriz". O achado tamén é relevante desde o punto de vista arqueolóxico, xa que foi escavado por arqueólogos profesionais, que atoparon os obxectos practicamente intactos. Esta descuberta contribuíu a mellorar a relación entre os arqueólogos e os buscadores con detectores de metais, e influíu tamén nun cambio na lexislación inglesa en materia de achados arqueolóxicos.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 173.
Historia arqueolóxica
Achado e escavación inicial
O achado do tesouro produciuse o día 16 de novembro de 1992 nunha leira agraria situada a uns 24 quilómetros ao suroeste da localidade de Hoxne, en Suffolk. O arrendatario, Peter Whatling, perdera un martelo e pediulle a un amigo seu, Eric Lawes, un xardineiro xubilado afeccionado ao detector de metais, que lle axudase a buscalo.Bland, R.; Johns, C. (1993-b-). Páxinas 152-157. En tanto que buscaba polo campo co detector, comezaron a aparecer culleres de prata, xoias de ouro e numerosas moedas de ouro e de prata.Johns, C. (2010). Páxina 2.
O día seguinte, un equipo de arqueólogos da Unidade Arqueolóxica de Suffolk comezou no lugar unha escavación de emerxencia. A recuperación de todo o tesouro produciuse nun só día, coa retirada de varios bloques de material sen desfacer, para seren levados ao laboratorio.Johns, C. (1996). Páxina 217. Tamén se rexistrou a zona con detectores de metais nun raio de 30 metros desde o lugar do achado."Roman Grey Literature Stage 1 Database". Archaeology Data Service. Na operación, recuperouse tamén o martelo perdido por Peter Whatling, que lle foi doado ao Museo Británico."Hammer". The British Museum.Kennedy, M. (2003). "Golden hoard and silver too at British Museum". En The Garcdian. 15 de novembro.
Todo o tesouro estaba, xa que logo, concentrado nun único lugar.Bland, R.; Johns, C. (1993-b-). Páxinas 152-157. Os obxectos que o compuñan foran agrupados dentro do cofre, de xeito que, por exemplo, pezas como cuncas e cazos estaban amoreados uns dentro dos outros ordenadamente.Johns, C. (2010). Páxina 13. Algúns destes obxectos foran danados por animais subterráneos e polos apeiros de labranza, mais o grao de deterioración era moi baixo.Johns, C. (2010). Páxina 14. A rápida notificación de Lawes ás autoridades da aparición do tesouro foi clave para que este fose analizado in situ por arqueólogos profesionais.Johns, C. (2010). Páxina 2.
Logo de escavado por completo, o tesouro levouse ao Museo Británico, en Londres. A descuberta filtrouse axiña á prensa e o xornal The Sun publicou un artigo na primeira páxina o 19 de novembro, xunto cunha fotografía de Lawes co seu detector de metais. Naquel momento, descoñecíase a composición total do tesouro e tamén o seu valor económico, aínda que o xornal publicou que se estimaba en dez millóns de libras. En resposta a esta inesperada especulación, o Museo Británico levou a cabo unha rolda de prensa o día 20 de novembro, para anunciar formalmente o achado. Os xornais perderon de camiño o seu interese inicial polo tesouro, o que permitiu aos conservadores do Museo Británico clasificalo, limpalo e estabilizalo sen máis interrupcións por parte da prensa.Bland, R.; Johns, C. (1993-b-). Páxinas 152-157. Estes labores básicos de limpeza e conservación completáronse nun mes a partir do momento do achado.Johns, C. (1996). Páxina 217.
Investigación e valoración iniciais miniatura|Cullerón de 13 cm do tesouro de Hoxne, cunha decoración que inclúe un crismón e criaturas mariñas."Ladle (museum number: 1994,0408.59)". The British Museum.
O 3 de setembro de 1993 tivo lugar en Lowestoft unha investigación xudicial a partir da cal o achado foi declarado como "tesouro agochado", dado que se concluía que fora ocultado coa intención de ser recuperado nunha data posterior. Consonte o dereito consuetudinario inglés, calquera cousa con esa consideración legal pasa a pertencer á Coroa se ninguén reclama a súa titularidade Goo, S. H. (2002). Páxina 40. No entanto, a práctica habitual naquela época era recompensar a quen atopase e comunicase con rapidez un tesouro, cunha cantidade equivalente ao seu valor no mercado; esta recompensa era sufragada pola institución pública que desexase facerse co contido do tesouro. En novembro de 1993, o Comité de Revisión do Tesouro (Treasure Trove Reviewing Committee) estableceu a súa valoración en 1,75 millóns de libras, que se lle pagaron a Lawes na súa condición de descubridor do tesouro, e este compartiu a recompensa co granxeiro Peter Whatling.Bland, R.; Johns, C. (1993-a-). Páxina 7. Tres anos despois, o Parlamento Británico promulgou a Lei do Tesouro de 1996, que permitía ao descubridor, ao arrendatario e ao propietario compartir calquera recompensa.Gilcrist, A. (2003). "There's gold in them there hills". En The Guardian. 17 de novembro.
Investigacións arqueolóxicas posteriores O Servizo Arqueolóxico do Condado de Suffolk inspeccionou o campo en setembro de 1993, logo de que este fose arado, e atopou catro moedas de ouro e 81 de prata, todas elas consideradas como parte do mesmo tesouro.Frend, W. H. C. (1997). Páxina 389. Tamén se descubriron algúns materiais anteriores á Idade de Ferro e outros posteriores, de orixe medieval, máis non se atoparon indicios dun asentamento romano nos arredores. miniatura|Cadeados de prata das caixiñas dispostas dentro do cofre onde se agochou o tesouro de Hoxne."Lock (museum number: 1994,0408.154)". The British Museum.Johns, C. (2010). Páxina 154. En 1994, o Servizo Arqueolóxico fixo unha nova escavación de seguimento no mesmo campo, logo de que se tivese coñecemento de deteccións ilegais de metais preto da zona do achado. Reescavouse o lugar exacto onde aparecera o tesouro e descubriuse a presenza dun poste soterrado na esquina suroeste, que probablemente fose un marcador colocado polos depositantes do tesouro para o poder recuperar no futuro. Retirouse a terra en fragmentos de 10 centímetros para a súa análise, nunha área de mil metros cadrados arredor do lugar do achado e utilizáronse detectores de metais na procura doutros obxectos. Nesta operación atopáronse 335 novos obxectos de época romana, na súa maioría moedas, e tamén outros accesorios do cofre que as albergara. Xurdiron, así mesmo, algúns furados de postes de finais da Idade de Bronce e de principios da Idade de Ferro, mais non apareceu ningún elemento estrutural de época romana."Home Farm, Hoxne". Archaeology Data Service.
As moedas descubertas ao longo de 1994 estaban esparexidas nunha elipse centrada no lugar do achado do tesouro, que se estendía de leste a oeste ata unha distancia de 20 metros a cada lado.Johns, C. (2010). Páxina 16. Esta distribución pode explicarse polo feito de que o agricultor realizara en 1990 unha arada profunda en dirección leste-oeste na parte do campo onde se produciu o achado inicial. Con anterioridade, o agricultor realizara outras aradas en dirección norte-sur desde 1967 ou 1968, cando o terreo fora rozado para o seu uso agrícola; porén, a ausencia de moedas ao norte e ao sur do lugar do achado fai pensar que a arada anterior a 1990 non perturbara en absoluto o tesouro.Johns, C. (2010). Páxina 16.
Composición do tesouro miniatura|300px|Bandexa con Moedas clasificadas que forman parte do tesouro de Hoxne.
O tesouro de Hoxne componse principalmente de moedas romanas de ouro e de prata, cun peso total de 3,5 quilogramos de ouro e 23,75 de prata.Johns, C. (1993). Páxina 22.
Foi disposto nun cofre de madeira feito na súa maior parte de carballo, que medía aproximadamente 60 x 45 x 30 centímetros. Dentro deste recipiente, algúns obxectos foran colocados en caixas máis pequenas de madeira de teixo e de cerdeira, en tanto que outros se embalaran con tecidos de la ou de feo, ou foran introducidos en bolsiñas de coiro. Tanto o cofre como as caixiñas interiores sufriron, co tempo, a súa descomposición, ao estaren soterrados, aínda que durante a escavación se recuperaron fragmentos da arca e dos seus accesorios metálicos.Johns, C. (2010). Páxinas 162-163.
Os principais obxectos atopados foron estes:
569 moedas de ouro (sólidos).Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 169. 14.272 moedas de prata, entre elas 60 Miliarenses e 14.212 Siliquas.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 169. 24 moedas de bronce (nummi).Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 169. 29 obxectos de xoiaría en ouro.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 170. 98 culleres e cazos de prata.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 171. Unha tigresa de prata, feita como asa dalgún obxecto, quizais dunha vasela.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 171. Catro cuncas de prata e un prato pequeno.Johns, C. (2010). Páxina 92. Un vaso de prata. Unha xerra de prata. Catro pementeiras, entre elas a coñecida como "pementeira da emperatriz". Artigos de toucador. Dúas pechaduras de prata, restos das caixas e das bolsiñas de coiro. Restos de diversos materiais orgánicos, entre eles un pequeno recipiente (pyxis) de marfil.
Moedas As moedas de ouro do tesouro de Hoxne son 569 sólidos cuñados entre o imperio de Valentiniano I (364-375 d. C.) e o de Honorio (393-423). En prata acháronse 14.272 moedas, das que 60 son miliarenses e 14.212 son siliquas, emitidas todas elas entre os reinados de Constantino II (337-340) e de Honorio. A estas moedas cómpre engadirlles 24 nummi de bronce.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 169.
Trátase do achado monetario máis importante da derradeira época da Britania romana e está composto polos tres valores faciais máis representativos da moeda da época, algúns deles recortados e fragmentados, como era propio do momento na Britania. O único achado da Britania romana cunha maior cantidade de moedas de ouro foi o coñecido como Eye Hoard, descuberto en 1780 ou 1781, do que fican poucos rexistros.Johns, C.; Bland, R. (1994). Páxina 17.