300pxFederaciónSuomen jääkiekkoliittoSeleccionador Juuso Toivola, 2022-Uniforme Ficheiro:Finland national ice hockey team jerseys 2022 (WOG).pngÚltimo título Máis partidosKaroliina Rantamäki: 431Máis puntosRiikka Sallinen: 351Clasificación IIHF 4Estrea internacional Finlandia 6–0 Noruega (Copenhague, Dinamarca; 26 de decembro de 1988)Maior vitoria Finlandia 34–0 Checoslovaquia (Düsseldorf, Alemaña Occidental; 4 de abril de 1989)Maior derrota Canadá 15–0 Finlandia (St. John's, Canadá; 12 de outubro de 2010)Resultados Olímpicos 16px bronce: 4Resultados no Campionado do Mundo Ficheiro: Med 2.png prata: 1 Ficheiro: Med 3.png bronce: 15 A selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia é o equipo que representa a Finlandia nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2022, a IIHF publicou a clasificación mundial de seleccións, na que Finlandia ocupou o terceiro posto por detrás das seleccións de Canadá e os Estados Unidos.

Historia O equipo nacional femenino de Finlandia debutou en 1988 durante a Copa Nórdica, e ata 1995 gañou a meirande parte dos partidos que disputou, algúns deles con amplas diferenzas. Tan só un ano despois o equipo debutaba na primeira edición do Campionato de Europa, onde o cadro finlandés estivo encadrado no grupo B xunto coa Repúblca Federal Alemá, Dinamarca e Checoslovaquia. Logo da goleada no primeiro partido fronte a Checoslovaquia por 34-0 (12-0,12-0,10-0), as xogadoras finlandesas gañaron con comodidade os outros dous partidos da fase de grupos, clasificándose deste xeito para as semifinais, onde derrotaron a Noruega (9-1), e finalmente a Suecia para facerse co seu primeiro título a nivel continental. Este primeiro equipo finlandés estaba integrado polas porteiras Kati Ahonen e Liisa-Maria Sneck, e polas patinadoras Katri Javanainen, Tiia Reima, Päivi Halonen, Anne Haanpää, Sari Krooks, Marianne Sulen, Jaana Rautavuoma, Johanna Ikonen, Riika Nieminen, Marianne Ihalainen, Sari Fisk, Ulla Saarikko, Katri Luomajoki, Maria Novitsky, Liisa Karikoski e Jaana Peltonen.

Aínda que o primeiro torneo feminino se xogara xa en 1987 en Nova York e Mississauga (Canadá), non foi ata tres anos despois, en 1990, cando se celebrou o primeiro Campionato do Mundo en Ottawa (Canadá).

Capitás Xogos Olímpicos O hóckey sobre xeo feminino foi introducido nos Xogos Olímpicos de Inverno en 1998. O equipo feminino de Finlandia ten participado en todas as ocasións e catro xogadoras exerceron como capitás, a primeira delas foi Marianne Ihalainen en Nagano 1998, mentres que a xogadora que máis veces luciu o "C" na súa camisola foi Jenni Hiirikoski cun total de tres edicións (2014, 2018 e 2022):

Capitás olímpicas de Finlandia Nome(s) Edición Sede Resultado Marianne Ihalainen 1998 Nagano Ficheiro: Med 3.png bronce Sari Fisk 2002 Salt Lake City 4º Sari Fisk 2006 Turín 4º Emma Laaksonen 2010 Vancouver Ficheiro: Med 3.png bronce Jenni Hiirikoski 2014 Sochi 5º Jenni Hiirikoski 2018 Pyeongchang Ficheiro: Med 3.png bronce Jenni Hiirikoski 2022 Pequín Ficheiro: Med 3.png bronce

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da Federación Finlandesa de hóckey sobre xeo

Finlandia Categoría:Hóckey sobre xeo en Finlandia Categoría:Seleccións deportivas de Finlandia