Mikra Anglia (en ) é un filme grego de 2013 dirixido por Pantelis Voulgaris. O filme baséase na novela homónima de Ioanna Karystiani, a muller de Voulgaris, e está protagonizado por Pinelopi Tsilika, Sofia Kokkali, Aneza Papadopoulou e Andreas Konstantinou. A trama xira arredor de dúas irmás, Orsa e Moscha da illa de Andros, chamada Little England pola súa riqueza, que están ambas namoradas de Spyros; comeza no período de entreguerras e remata na década dos 50.
O filme tivo éxito comercial en Grecia, xa que foi o segundo filme máis exitoso de 2013 e o primeiro entre os filmes gregos. Mikra Anglia tamén tivo éxitos na crítica do país e no estranxeiro. Foi nomeado a trece premios da Academia de Cinema Helénico e gañou seis, incluído o premio ao mellor filme. A nivel internacional, dominou no Festival Internacional de Cine de Xangai de 2014, gañando tres premios Golden Goblet á mellor longametraxe, mellor director e mellor actriz, e tamén estivo nomeado a un Premio Satellite ao mellor filme en lingua non inglesa. Mikra Anglia foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Pinelopi Tsilika como Orsa Saltaferou Sofia Kokkali como Moscha Saltaferou Aneza Papadopoulou como Mina Saltaferou Andreas Konstantinou como Spyros Maltabes Maximos Moumouris como Nikos Vatokouzis Vasilis Vasilakis como Savvas Saltaferos Christos Kalavrouzos como tío Aimilios
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes dirixidos por Pantelis Voulgaris Categoría:Filmes ambientados en Grecia