O Túnel do amor (, Tunel Kokhannya) é unha vía verde situada en Klevan, en Ucraína. Segue un antigo camiño de ferro industrial en desuso pero ininterrompido, onde unha densa vexetación composta de árbores e arbustos entrelazados forma un túnel a través do bosque.
Este camiño, duns poucos quilómetros de lonxitude, é coñecido por ser un lugar romántico reservado para paseos amorosos, e que tamén se fixo popular entre os turistas.
O antigo ferrocarril permitía abastecer ás fábricas de materias primas. O lento paso dos vagóns permitiu así conformar a paisaxe creando un oco sen a intervención do home para realizar labores de roza na vía.
Percorrido A liña comeza na estación de Klevan, na liña Kovel-Rivne, e chega á zona norte de Orzhiv, tamén servida por unha estación na liña principal. Toda a liña ten uns 6,4 km de lonxitude. Uns 4,9 km do camiño están cubertos de bosque, dentro do cal este túnel esténdese entre 3 e 4,9 km, dependendo do criterio, máis ou menos estrito, co que se mida.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Reportaxe: No Túnel do Amor (xuño 2017) (en inglés) Os 10 túneles máis fascinantes - ODDEE (en inglés) Túnel do Amor en Ucraína (placestoseeinyourlifetime.com) (en inglés)
Categoría:Turismo en Ucraína Categoría:Túneles ferroviarios