L'Année dernière à Marienbad é un filme experimental franco-italiano de 1961 dirixido por Alain Resnais a partir dun guión de Alain Robbe-Grillet. O filme gañou o León de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 1961. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 34ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Nun hotel barroco, poboado por parellas adiñeiradas que socializan entre elas, un home solteiro achégase a unha muller. Afirma que se coñeceron o ano anterior en Marienbad e ela pediulle que esperase un ano antes de decidir un futuro xuntos. A muller insiste en que nunca se coñeceron. O home trata de reavivar o que afirma que é a tenrura que compartían, mentres ela o rexeita e contradí o seu relato. Un segundo home afirma repetidamente o seu dominio sobre o primeiro home, incluíndo vencelo cada vez nun xogo matemático (unha versión do nim).

A través de flashbacks ambiguos e desorientadores cambios de tempo e localización, o filme explora as relacións entre as tres personaxes. As conversas e os eventos repítense en varios lugares do edificio e do recinto, e hai numerosas tomas de seguimento dos corredores do hotel, con voces en off ambiguas e repetitivas. Non se ofrece ningunha conclusión certa.

Personaxes Giorgio Albertazzi como o home Delphine Seyrig como a muller Sacha Pitoëff como o segundo home

As personaxes non teñen nome no filme; no guión que se publicou, a muller refírese coa letra "A", o primeiro home é "X", e o home que podía ser o seu marido é "M".

Influencia O impacto de L'Année dernière à Marienbad sobre outros cineastas foi ben recoñecido e ilustrado, desde directores franceses como Agnès Varda, Marguerite Duras e Jacques Rivette a figuras internacionais como Ingmar Bergman e Federico Fellini.Robert Benayoun, Alain Resnais: arpenteur de l'imaginaire. París: Ramsay, 2008. p. 106. The Shining, de Stanley Kubrick,E.g. Last Year at Marienbad: Which Year at Where?, por Mark Polizzotti (artigo para Criterion Collection). [Consultado o 11 de novembro de 2011] e Inland Empire, de David LynchE.g. "Marienbad Returns, Unsettling as Ever", por Mark Harris, en The New York Times, 13 de xaneiro de 2008. [Consultado o 11 de novembro de 2011] son dous filmes citados con frecuencia como mostra da influencia de Marienbad.

Terence Young indicou que deseñou a secuencia antes dos créditos de Desde Rusia con amor a partir de L'Année dernière à Marienbad.p.27 Rubin, Stephen Jay James Bond Films Random House Value Publishing, 1 de marzo de 1982

Peter Greenaway dixo que Marienbad fora a influencia máis importante do seu cinema. El mesmo trabou unha boa relación de traballo co director de fotografía, Sacha Vierny.Film-makers on film: Peter Greenaway: an interview with John Whitley in The Daily Telegraph, 14 de xuño de 2004. [Consultado o 11 de novembro de 2011]

O estilo visual do filme foi imitado en moitas anuncios televisivos e fotografías de moda.Last Year in Marienbad, [review] by Philip French, in The Observer, 22 de abril de 2007. [Consultado o 11 de novembro de 2011] Tamén foi a inspiración de Karl Lagerfeld para a colección primavera-verán de 2011 de Chanel."Chanel’s Year in Marienbad", por Suzy Menkes, en The New York Times, 5 de outubro de 2010. [Consultado o 11 de novembro de 2011]

O videoclip de "To the End", sinxelo de 1994 do grupo británico Blur, está baseado no filme.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Alain Resnais Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro