Baisers volés é un filme francés de 1968 dirixido por François Truffaut e protagonizado por Jean-Pierre Léaud e Claude Jade. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 41ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Sinopse A historia comeza cando Antoine Doinel, quen de pequeno fuxira do seu fogar como se describe en Les Quatre Cents Coups, é licenciado do servizo militar e reencóntrase coa súa amiga Christine. Agora na vida civil, Antoine busca un traballo para sobrevivir, comezando polo de vixilante nocturno, mais por infortunadas situacións e pola súa ineptitude e mal sorte acaba sendo despedido. Consegue entón un traballo como detective privado e deste xeito acaba infiltrado nunha tenda de zapatos como vendedor, a petición do dono da tenda, quen quere saber por que as persoas que o rodean o detestan. Antoine termina seducido pola esposa do dono, con quen ten unha aventura.

Personaxes Jean-Pierre Léaud como Antoine Doinel Claude Jade como Christine Darbon Daniel Ceccaldi como pai de Christine Claire Duhamel como nai de Christine Delphine Seyrig como Fabienne Tabard Michael Lonsdale como Georges Tabard Harry-Max como Monsieur Henri André Falcon como Monsieur Blady Catherine Lutz como Catherine Martine Ferrière como Gérante Jacques Rispal como Monsieur Colin Serge Rousseau como o home descoñecido

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 41ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por François Truffaut Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en París