Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 53ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Sinopse Durante a ocupación alemá durante a segunda guerra mundial, un director de teatro xudeu en París, Lucas Steiner, vese obrigado a agacharse na adega do teatro onde a súa muller, a actriz Marion Steiner, o actor Bernard Granger e un grupo de actores, ensaian e presentan unha obra. Daxiat, un crítico de teatro pronazi fai unha crítica violenta da obra. Granger encóntrao e golpéao. A resposta é a posible incautación do teatro porque foi propiedade dun xudeu. Marion reclámalle violentamente a súa imprudencia. Traballan e triunfan na obra, mais déixanse de falar. Granger decide deixar a obra e unirse á resistencia.
Personaxes Catherine Deneuve como Marion Steiner Gérard Depardieu como Bernard Granger Jean Poiret como Jean-Loup Cottins Heinz Bennent como Lucas Steiner Andréa Ferréol como Arlette Guillaume Paulette Dubost como Germaine Fabre Sabine Haudepin como Nadine Marsac Jean-Louis Richard como Daxiat Maurice Risch como Raymond Boursier Marcel Berbert como Merlin
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 53ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por François Truffaut Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes ambientados en París