Non Servium é un grupo de Oi! creado en Móstoles (Madrid) en 1997. A formación actual conta co vocalista Carlos, os guitarristas Snoker e Ivi, o baixista Gordo e o batería Neno. Carlos e Snoker son os dous únicos membros orixinais dende os inicios durante toda a traxectoria do grupo.
O nome da banda, "Non Servium", en realidade é un erro morfosintáctico do latín (a forma correcta é "Non serviam"). Pretende significar "non che servirei", o que concorda coa filosofía do grupo: pretender non servirlle a ninguén. A frase é, polo xeral, atribuída a Lucifer. Disque pronunciou estas palabras para rexeitar servir a Deus no reino celestial.
Historia A banda naceu en 1997 na cidade de Móstoles (Madrid). Os compoñentes iniciais eran Carlos (voz), Snoker (guitarra), Bibi (guitarra), Jose (baixo) e Alvarito (batería). Esta formación gravou o primeiro disco en 1999, "Orgullo obrero", publicado a través de Potencial Hardcore. Tras a gravación, Jose abandona o grupo e é substituído por Gordo (ex-membro de Ignotus). A partir de entón aumenta a potencia nos temas, e sobre todo nos coros.
En maio de 2002 sae á rúa o seu segundo traballo, "NSA (La santa familia)". Cun son máis potente có anterior, supón a consolidación do grupo. Comezan a dar concertos por todo o país e tamén por Europa. A principios de 2005 Bibi marcha da banda, e é substituído por Cristian (ex-membro de Steelcap). Con esta formación comezan a dar concertos en América Latina.
En decembro de 2007 é publicado o terceiro disco, "El imperio del mal". Nel, o son é moito máis elaborado, mais sen afastarse do estilo propio da banda. Pouco antes da saída do disco, Alvarito (batería) e Cristian (guitarra) abandonan o grupo, e entran Ivi (ex-membro de Adversion) e Neno (ex-membro de Ignotus). Esta formación realiza a xira "El imperio del mal", até 2009.
Coa formación xa totalmente estabilizada, en setembro de 2011 aparece o cuarto álbum, "El rodillo del kaos". Un ano despois, en setembro de 2012, o grupo publica "La voz de los malditos", un álbum con versións das bandas que os influenciaron.
A finais de 2013, concluída a xira do seu disco de versións, Non Servium anunciou un parón na súa actividade en directo. Este parón foi aproveitado para compor novos temas. Tras un tempo de descanso, a banda confirmou o regreso aos escenarios en abril de 2015.
En xullo de 2015, a banda entra no estudo para gravar o sexto traballo, producido por Haritz Harreguy e Mr. Chifly (membro de Habeas Corpus). Posteriormente, o grupo anuncia a través de Facebook a capa do disco, "Resurgir", publicado o 2 de outubro, editado polo selo Potencial Hardcore e composto por 11 cancións.
Estilo musical O estilo de Non Servium é definido esencialmente como Oi! ou "Brutal Oi!", con influencias do punk, street punk e hardcore punk. Son característicos os seus ritmos rápidos de batería e as liñas fortes de baixo e guitarra. As súas letras están cargadas de contido político, aínda que tamén se atopan temas sobre a cultura punk e skinhead ou o movemento hooligan.
Son quizais o maior expoñente do Oi! de temática "antifascista" en castelán. No mesmo xénero tamén son coñecidas bandas de orixe madrileña, como Kaos Urbano, de Alcobendas, e Núcleo Terco, da zona madrileña de Vallecas.
Discografía
Orgullo Obrero (1999) Bronca Non Servium Punks y Skins El Elegido Escucha el Oi! Cabezas Rapadas Lucha Armada Mata Hippies Nosotros Somos la Venganza (Animales Muertos) Orgullo Obrero Donde Vamos la Liamos Seguimos Siendo Hooligans
N.S.A. (La Santa Familia) (2002) Ratas Violencia Mi Clase Antinazis Jack El Espíritu Del Oi! En Tus Carnes N.S.A. (Non Servium Army) Tu Ira ¿Qué Pasó En El Lieja? Escucha el Oi!
El Imperio del Mal (2007) Imperio del Mal Nuestra Lucha Todos al Suelo Mi Vida Loca Cambio de Orden Muerte en vida El Impacto del Discreto Lágrimas de Sangre Dinero Ratas de Ciudad (Vómito) Warriors Torpedos
El Rodillo del Kaos (2011) El Rodillo Del Kaos Generación Dormida A.C.A.B. Nuestra Cruz Mi Barrio Or Die La Maldición 3 Letras Sangre Por Sangre Civilización A.D.R.V. Hools Animal Bendita Locura Los Putos Amos
La Voz de los Malditos (2012) Intro Brigada Criminal (RIP) Callejón sin Salida (Barricada) Kaos (The Oppressed) Perro Callejero (Efectos Sekundarios – Pota Potaje) Bestia, Bestia (Ilegales) Ración Doble (Decibelios) Civilizate (Distorsion – Asta Kask) La 204 (Cicatriz) Siempre en Problemas (Cock Sparrer) La Gracia de Dios (37 Hostias) Os Engañan (Eskorbuto) Madrugando (Potrotaino) Sociedad (Dekadencia) Chicos de la Calle (Toreros After Ole) Nación en Llamas (Blitz) Intenta Disfrutar (Radikal Hardcore) En la Brecha (Zakarrak – Red Alert) La Tortura (La Polla Records) Señor juez (Zer Bizio?) Hijos de Puta (Andanada 7) Asesino a Sueldo (MCD) A la Calle (Kortatu) Canción de Amor (Parabellum)
Resurgir (2015) Apestan Desperté Mi Pacto Madrid Resurgir Apártate La Era del Terror Los Demonios de la Noche Buitres Mi Prisión Rock'n'rolla
Compoñentes
Actuales Carlos - voz Snoker - guitarra Ivi - guitarra Gordo - bajo Niño - batería
Anteriores Bibi - guitarra Cristian - guitarra Jose - bajo Alvarito - batería
Referencias a filmes e a outros temas
A intro de "Todos al Suelo" pertence á película O nome da rosa. A intro de "El Impacto del Discreto" pertence á película Mad Max Beyond Thunderdome. A intro de "Warriors" pertence á película Navajeros. Dentro de "Warriors" aparece un diálogo de The Warriors (película). A intro de "El Imperio del Mal" pertence á película The Passion of the Christ. Unha frase do retrouso de "A.C.A.B." pertence á canción "Fuerzas de Seguridad", do grupo punk Vómito. Non Servium colocouna facendo honra, unha vez máis, a esta banda. En "Mi Barrio or Die" fan unha adaptación para guitarra da banda sonora do filme Requiem for a Dream. O riff inicial de "Ratas" é moi parecido ao riff inicial de "Skyll inte på mig" do grupo sueco Agent Bulldogg. A intro de "N.S.A. (Non Servium Army)" é moi parecida ao final da canción "Doc Marten Army" do grupo Stars & Stripes. O riff principal de "Seguimos Siendo" é dunha canción do folclore alemán, normalmente cantada coa letra "Was Wollen Wir Trinken". O vídeo de "El Imperio del Mal" está gravado nun antigo mosteiro abandonado de Xetafe (Madrid), no cal tiveron lugar os sucesos do estramonio en 2011. O Lieja, citado en "¿Qué pasó en el Lieja?", é un bar de Vallecas (Madrid). O riff principal de "Torpedo" é unha versión do tema "Surf Rider", da banda The Lively Ones, que aparece na última escena de Pulp Fiction. A intro de "El Rodillo del Kaos" pertence á película The Departed. "Punks & Skins" contén unha pequena alusión ao tema country "(Ghost) Riders in the Sky". A intro de "Ratas" pertence á película Braveheart. A intro de "En tus carnes" pertence a O padriño. A intro de "Lágrimas de sangre" está composta polas intervencións sobre os Atentados do 11 de marzo de 2004 de José Luís Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy, José María Aznar e Xoán Carlos I de España. A intro de "La maldición" pertence á película Pactar co Demo. A intro de "ADRV Hools" pertence á película Diario dun hooligan. A intro da canción "A.C.A.B." está cantada por Evaristo (ex-vocalista de Gatillazo, The Kagas, The Meas e La Polla Records e vocalista de Tropa do Carallo). A intro de "Apestan" pertence á película Acción mutante.
Véxase tamén
Ligazóns externas Facebook oficial Discografía de Non Servium
Categoría:Grupos musicais de España