No estudo das ciencias biolóxicas, a biocomunicación é calquera tipo específico de comunicación interna (intraespecífica) ou entre especies (interespecífica) de plantas, animais, fungos, protozoos e microorganismos.Gordon, Richard. Seckbach, Joseph (eds), (2016) Biocommunication: Sign-mediated interactions between cells and organisms. World Scientific A comunicación significa basicamente interaccións mediadas por signos seguindo tres niveis de regras (sintáctica, pragmática e semántica). Os signos na maioría dos casos son moléculas químicas (semioquímicas),Regnier, F.E. (1971) Semiochemicals - Structure and Function. Biology of Reproduction 4, 309-326 pero tamén táctiles, ou como nos animais tamén visuais e auditivos. A biocomunicación dos animais pode incluír vocalizacións (como entre especies de aves competidoras) ou produción de feromonas (como entre varias especies de insectos), sinais químicos entre plantas e animais (como na produción de taninos utilizados polas plantas vasculares para avisar aos insectos), e comunicación mediada quimicamente entre as plantas e dentro das plantas.
miniatura|esquerda|250px|Neutrófilo fagocitando conidios de fungos. Estas células interaccionan con axentes quimiotácticos para migrar a sitios invadidos por microorganismos A biocomunicación dos fungos demostra que a comunicación dos micelios integra interaccións interespecíficas mediadas por signos entre os organismos fúnxicos, as bacterias do solo e as células da raíz das plantas, sen as cales non se podería organizar a nutrición das plantas. A biocomunicación de ciliados identifica os distintos niveis e motivos de comunicación nestas eucariotas unicelulares. A biocomunicación de Archaea e acariocitos representa niveis clave de interaccións mediadas por signos evolutivamente máis antigos. A biocomunicación dos fagos demostra que os axentes vivos máis abundantes neste planeta se coordinan e se organízan mediante interaccións mediadas por signos. A biocomunicación é a ferramenta esencial para coordinar o comportamento de varios tipos celulares do sistema inmunitario.Rieckmann JC, Geiger R, Hornburg D, Wolf T, Kveler K, Jarrossay D, Sallusto F, Shen-Orr SS, Lanzavecchia A, Mann M, Meissner F. 2017. Social network architecture of human immune cells unveiled by quantitative proteomics. Nat Immunol. 18(5):583-593.
Biocomunicación, biosemiótica e lingüística miniatura|Esquema de biocomucicación entre e intra-organismos. A teoría da biocomunicación pódese considerar unha rama da biosemiótica. Mentres que a Biosemiótica estuda a produción e interpretación de signos e códigos, a teoría da biocomunicación investiga as interaccións concretas mediadas por signos. En consecuencia, distínguense aspectos sintácticos, semánticos e pragmáticos dos procesos de biocomunicación. A biocomunicación específica dos animais (comunicación animal) considérase unha rama da zoosemiótica.Sebeok, Thomas (ed.) 1977. How Animals Communicate. Bloomington: Indiana University Press. O estudo semiótico da xenética molecular, pódese considerar un estudo da biocomunicación no seu nivel máis básico.
Interpretación de índices abióticos miniatura|esquerda|Bando de gansos sangano (Branta leucopsis) durante a migración de outono Interpretar estímulos do medio dun organismo é unha parte esencial da vida de calquera individuo. As cousas abióticas que un organismo debe interpretar inclúen o clima (tempo, temperatura, precipitacións), xeoloxía (rochas, tipo de solo) e xeografía (localización das comunidades de vexetación, exposición aos elementos, localización de fontes de alimentos e auga en relación aos lugares de abrigo).Caduto, M. & Bruchac, J. (1988). Keepers of the earth: Native American stories and environmental activities for children. Golden, CO: Fulcrum. As aves, por exemplo, migran utilizando sinais como o tempo que se achega ou as indicacións de duración do día estacional. As aves tamén migran de zonas de recursos baixos ou decrecentes a zonas de recursos elevados ou en aumento. Os dous recursos primarios adoitan ser buscados para ser alimentos ou lugares de nidificación. As aves que aniñan no hemisferio norte tenden a migrar cara ao norte na estación primaveral debido ao aumento da poboación de insectos, as plantas brotadoras e a abundancia de lugares de nidificación. Durante o inverno, as aves migrarán cara ao sur para non só escapar do frío, senón tamén atopar unha fonte de alimento sostible. As plantas florecerán e tentarán reproducirse cando perciban que os días se acortan. Se non poden fertilizar antes de que as estacións cambien e morran, entón non transmitirían os seus xenes. Polo que a súa capacidade para recoñecer un cambio nos factores abióticos permítelles garantir a reprodución.
Comunicación trans-organísmica miniatura|Entre algunhas quenllas e os peixes piloto dáse unha relación simbiótica A comunicación transorganismica é cando interactúan organismos de diferentes especies. En bioloxía as relacións que se forman entre as diferentes especies coñécese como simbiose. Estas relacións teñen dúas formas principais mutualista e parasitaria. As relacións mutualistas son cando ambas especies se benefician das súas interaccións. Por exemplo, os peixes piloto reúnense arredor de tiburóns, raias e tartarugas mariñas para comeren varios parasitos do organismo máis grande. Os peixes reciben comida ao seguir aos tiburóns ao redor, e os tiburóns reciben unha limpeza por non comer o peixe piloto.Wheatcroft, D., Price, T., & Wheatcroft, D. (2013). Learning and signal copying facilitate communication among bird species. Proceedings. Biological Sciences, 280(1757), 20123070–20123070. As relacións parasitarias son onde un organismo se beneficia do outro a un custo. Por exemplo, o visco ou visgo, alén de ser obxecto de tradicións desde os druídicas a nadalicias, é un parasito ou semiparásito. Para que o visgo creza, debe filtrar auga e nutrientes dunha árbore ou arbusto. A comunicación entre especies non se limita a garantir o sustento, pode ter moitas formas. Moitas flores dependen das abellas para espallar o seu pole e facilitar a reprodución floral. Así, desenvolveron pétalos atractivos brillantes e néctar doce para atraer ás abellas. Nun estudo recente realizado na universidade de Bos Aires, examinaron unha posible relación entre fluorescencia e atracción. Porén, concluíuse que a luz reflectida era moito máis importante na atracción dos polinizadores que a fluorescencia.Iriel, A., Lagorio, M.G. Is the flower fluorescence relevant in biocommunication?. Naturwissenschaften97, 915–924 (2010). https://doi.org/10.1007/s00114-010-0709-4 A comunicación con outras especies permite que os organismos establezan relacións vantaxosas para a supervivencia, e todas elas baséanse nalgunha forma de comunicación tranorganísmica.
Comunicación entre organismos miniatura|esquerda|Grupo de belugas A comunicación inter-organísmica é a comunicación entre organismos da mesma especie (conespecíficos) e inclúe a fala humana. Especialmente nos humanos, a comunicación é clave para manter a estrutura social. Os delfínidos tamén se comunican entre si de varias formas diferentes creando sons, facendo contacto físico entre eles e mediante o uso da linguaxe corporal. Os golfiños e arroaces comunícanse vocalmente mediante sons de clic e tons de asubío específicos dun só individuo. O asubío axuda a comunicar aos outros a localización dese individuo. Por exemplo, se unha nai perde de vista un fillo ou cando dous individuos coñecidos non poden atoparse, os seus lanzamentos individuais axudan a volver a un grupo. A linguaxe corporal pódese usar para indicar moitas cousas, como un depredador próximo, para indicarlle aos demais que se atopou alimento, para demostrar o seu nivel de atractivo para atopar un compañeiro de apareamento, e aínda máis.How Do Dolphins Communicate? Whale Facts. 2015 Xul 11 [Consultado o 3 de abril de 2020]. https://www.whalefacts.org/how-do-dolphins-communicate/ Os mamíferos, como delfínidos e humanos, non son os únicos que se comunican dentro da súa propia especie. Os pavóns poden abanicar as plumas para comunicar un aviso territorial. As abellas poden dicirlle a outras abellas cando e onde atoparon néctar "bailando" na colmea e indicar as coordenadas (danza das abellas). Os cervos poden mover a cola para deixar avisos a outros da súa especie.How Do Animals Communicate? Wonderopolis. [Consultado o 3 de abril de 2020]. https://wonderopolis.org/wonder/how-do-animals-communicate
Comunicación intra-organísmica
A comunicación intraorganísmica non é só o paso de información dentro dun organismo, senón a interacción concreta entre e dentro das células dun organismo mediada por signos. Isto podería ser a nivel celular e molecular. A capacidade dun organismo para interpretar a súa propia información biótica é extremadamente importante. Se o organismo está ferido, cae enfermo ou debe responder ao perigo, ten que ser capaz de procesar esa información fisiolóxica e axustar o seu comportamento. Tomemos por exemplo a sudación, cando o corpo humano comeza a sobrequecer, as glándulas especializadas liberan a suor que absorben a calor e despois se evapora. Esta comunicación é imprescindíbel para a supervivencia de moitas especies, incluída a vida vexetal. As plantas carecen de sistema nervioso central polo que dependen dun sistema descentralizado de mensaxeiros químicos. Isto permítelles crecer en resposta a factores como o vento, a gravidade (gravitropismo), a luz (fototropismo), a arquitectura vexetal... Usando estes mensaxeiros químicos, poden reaccionar ao medio ambiente e avaliar o mellor patrón de crecemento.Witzany, Günther. (2006). Plant communication from biosemiotic perspective: Differences in abiotic and biotic signal perception determine content arrangement of response behavior. context determines meaning of meta-, inter- and intraorganismic plant signaling. Plant Signaling and Behavior, 1(4), 169–178. https://doi.org/10.4161/psb.1.4.3163 Esencialmente, as plantas medran para optimizar a súa eficiencia metabólica. Os humanos tamén dependen de mensaxeiros químicos para sobrevivir. A epinefrina ou adrenalina, é unha hormona que se segrega nos momentos de gran estrés. Únese aos receptores da superficie das células e activa unha vía que altera a estrutura da glicosa. Isto provoca un rápido aumento do azucre no sangue, que é só un dos efectos da adrenalina nos humanos. Tamén activa o sistema nervioso central aumentando as frecuencias respiratorias da frecuencia cardíaca, isto prepara os músculos para a resposta natural de loita ou fuxida do corpo, ou voo no caso das aves.“Understanding the Stress Response.” Harvard Health, Harvard Health Publishing: Harvard Medical School, 1 de maio de 2018, www.health.harvard.edu/staying-healthy/understanding-the-stress-response. Os organismos dependen de moitos medios diferentes de comunicación intraorganismica. Xa sexa a través de conexións neuronais, mensaxeiros químicos ou hormonas, todo evolucionou para responder ás ameazas, manter a homeostase e garantir a autoconservación.
Xerarquía lingüística Dada a complexidade e gama de organismos biolóxicos e a maior complexidade dentro da organización neuronal de calquera organismo animal en particular, hai unha variedade de linguaxes de biocomunicación.
Subhash Kak propuxo unha xerarquía de linguaxes de biocomunicación nos animais: estas linguaxes, por orde de xeneralidade crecente, son asociativas, reorganizativas e cuánticas.Kak, S. The three languages of the brain: quantum, reorganizational, and associative. In Learning as Self-Organization, Karl Pribram and J. King (editors). Lawrence Erlbaum Associates, Mahwah, NJ, 185-219, 1996. Os tres tipos de linguaxes formais da xerarquía de Chomsky mapean na clase de linguaxe asociativa, aínda que as linguaxes libres de contexto, tal e como propón Chomsky, non existen nas interaccións da vida real.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Biosemiótica Cognición Comunicación animal