Nereocystis, chamada en inglés Bull Kelp (alga touro) é unha alga laminaria xigante. Etimoloxicamente significa "vexiga de serea", en alusión ao neumatocisto xigante que presenta para favorecer a súa flotabilidade e que contén os gases O 2, CO 2, N 2 e CO. Forma grosos leitos nas rochas e é un compoñente importante dos bosques de algas. É común na costa do Pacífico desde California até Alasca. esquerda|miniatura|382x382px|Debuxo de Haeckel (1904) Pode crecer até un máximo de 36 m e producir de 30 a 64 láminas (follas), cada unha delas pode chegar até os 4 m de longo e 15 cm de grosor. Posúe un rizoide ramificado para a súa fixación e o estipe que é cilíndrico mide ducias de metros.

Notas

Categoría:Algas