La torre herida por el rayo é unha novela de Fernando Arrabal. Transcorre durante un campionato mundial de xadrez, polo que recolle un importante volume de terminoloxía de dito deporte. Trama A trama céntrase nos dous protagonistas e rivais do campionato, Elías Tarsis e Marc Amary. Por unha banda, alterna os movementos da partida, mentres que polo outro relata as peculiaridades e as vidas dos xogadores, definidas polo amor, as fobias, as intrigas políticas e a casualidade. Recoñecementos Foi gañadora do Premio Eugenio Nadal en 1982.

Véxase tamén Bibliografía Gómez Redondo, Fernando (8/2/2021). "El ajedrez y la literatura (120). Fernando Arrabal, La torre herida por el rayo (1983)" Centro Virtual Cervantes . Ligazóns externas Andia, Carlos (20/6/2017). "Fernando Arrabal: La torre herida por el rayo" .

Categoría:Premio Nadal Categoría:Xadrez Categoría:Obras literarias de 1983 Categoría:Novelas en castelán Categoría:Novelas