Maxime Dominguez, nado en Xenebra o 1 de febreiro de 1996 en Xenebra, é un futbolista suízo, de orixe galega, que xoga de centrocampista no Miedź Legnica da segunda división polaca.

Traxectoria Naceu en Xenebra, sendo fillo dunha suíza e dun galego natural do barrio coruñés dos Mallos. Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Servette FC da súa cidade natal, subindo ao primeiro equipo en 2014. Debutou co primeiro eqiupo na Challenge League o 17 de febreiro de 2014 contra o FC Vaduz. Marcou o seu primeiro gol nove días despois, na vitoria por 1-4 contra o FC Chiasso.

En febreiro de 2015 saíu cedido ao FC Zürich e en outubro o club incorporou ao xogador en propiedade. Entre 2016 e 2020 xogou no Lausanne-Sport e tras pasar polo Neuchâtel Xamax, deixou en 2021 o fútbol suízo para fichar polo Miedź Legnica da segunda división polaca.

Selección nacional Foi internacional nas categorías inferiores da selección suíza.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xogador en Transfermarkt . Datos do xogador en weltfussball.de .

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do Servette FC Categoría:Xogadores do FC Lausanne-Sport Categoría:Xogadores do Neuchâtel Xamax FC