Les Oiseaux ivres é un filme canadense-mexicano de 2021 dirixido por Ivan Grbovic.André Duchesne, "Les oiseaux ivres d’Ivan Grbovic au TIFF". La Presse, 11 de agosto de 2021. O filme está protagonizado por Jorge Antonio Guerrero no papel de Willy, un narcotraficante mexicano que viaxa ao Canadá na procura da súa noiva Marlena (Yoshira Escárrega) despois de que esta desaparecese, aceptando un posto como traballador migrante nunha granxa da rexión de Montérégie. O resto do elenco está composto por Hélène Florent, Claude Legault, Marine Johnson, Maxime Dumontier, Amaryllis Tremblay, Karl Walcott, Gilberto Barraza e Normand D'Amour.
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2021, no espazo Platform Prize.Pat Mullen, "TIFF Unveil's (sic) Line-up for ‘Celebrating Alanis’ Retrospective". Point of View, 11 de agosto de 2021. Estreouse nos cinemas do Canadá o 15 de outubro de 2021 a través de Les Films Opale. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Jorge Antonio Guerrero como Willy Hélène Florent como Julie Claude Legault como Richard Marine Johnson como Léa Gilberto Barazza como contacontos Yoshira Escárrega como Marlena Amaryllis Tremblay como Lou Maxime Dumontier como Benji Karl Walcott como piloto de Fórmula Un Normand D'Amour como Normand
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dirixidos por Ivan Grbovic Categoría:Filmes ambientados no Quebec Categoría:Filmes rodados no Quebec