Jiddu Krishnamurti, nado o 11 de maio de 1895 e finado o 17 de febreiro de 1986, foi un orador de orixe india sobre temas filosóficos e espirituais. A súa carreira tivo dúas etapas claramente diferenciadas. Na primeira, foi alumno e, finalmente, líder do novo movemento relixioso chamado Teosofía. Na segunda, rexeitou a Teosofía e todas as crenzas asociadas a ela, dicindo: "Manteño que a verdade é unha terra sen camiños, e non te podes achegar a ela por ningún atallo, por ningunha relixión, por ningunha seita".

Teosofía Krishnamurti naceu no seo dunha familia brahmana na que entón era a India británica. No inicio da adolescencia, tivo un encontro casual co destacado ocultista e teósofo de alto rango Charles Leadbeater nos terreos da sede da Sociedade Teosófica en Madrás (agora Chennai). Posteriormente foi criado por Annie Besant e Leadbeater, líderes daquela Sociedade. Crían que era un "vehículo" para un esperado Mestre do Mundo.Coñecido como o Mestre Ascendido, Mestre da Sabedoría Antiga, Mahatma Mentres era novo, Besant controlou a súa vida e gañou un proceso xudicial pola custodia de Krishnamurti e o seu irmán.

Liberdade Cando era novo, Krishnamurti renegou da Teosofía e disolveu a organización mundial (a Orde da Estrela en Oriente) creada para apoiala. Renunciou aos distintos trusts e outras organizacións que estaban afiliadas á Orde da Estrela e á Sociedade Teosófica. Devolveu os cartos e propiedades doadas á Orde, entre elas un castelo nos Países Baixos e de terra, aos seus doadores. Lutyens, Mary 1975. Krishnamurti: the years of awakening. New York: Farrar Straus and Giroux. . A partir de entón Krishnamurti non aceptou seguidores nin adoradores, pensaba que a relación entre o discípulo e o gurú fomentaba dependencia e a explotación, porén si aceptou apoio económico que lle ofreceron persoas inspiradas no seu traballo e continuou con xiras de conferencias e publicación de libros durante máis de medio século.Krishnamurti Foundations (1997) inclúe unha cronoloxía e unha lista de lugares que visitou e nos que falou entre 1911 e 1986. Contou entre as súas amizades a persoas diversas do mundo da arte, a literatura e a ciencia como George Bernard Shaw, Henry Miller, Aldous Huxley, Van Morrison e David Bohm.

Rexeitou a fidelidade a ningunha nacionalidade, casta, relixión ou filosofía. Logo da disolución da Orde da Estrela pasou o resto da súa vida viaxando polo mundo, falando con grandes e pequenos grupos e individuos. Foi autor de moitos libros, entre eles The First and Last Freedom, The Only Revolution e Krishnamurti's Notebook. Moitas das súas charlas e debates foron transcritas e publicadas.Lutyens, Mary 1983. Krishnamurti: the years of fulfilment. New York: Farrar Straus and Giroux.

Instou constantemente á xente a pensar de forma independente e invitounos a explorar e discutir temas específicos xunto con el. A súa temática incluía: a revolución psicolóxica, a natureza da mente, a meditación, a investigación, as relacións humanas e o cambio na sociedade. Subliñou a necesidade dunha revolución na psique de todo ser humano e subliñou que esa revolución non pode ser provocada por ningunha entidade externa, sexa relixiosa, política ou social.

Hoxe en día, algunhas organizacións sen ánimo de lucro na India, Gran Bretaña e Estados Unidos supervisan varias escolas baseándose nas súas opinións sobre a educación. Continúan transcribindo e distribuíndo os seus miles de charlas, discusións en grupo e individuais e escritos en diversas linguas e formatos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos David Bohm

Categoría:Filósofos da India Categoría:Escritores da India Categoría:Ocultistas Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Finados por cancro de páncreas Categoría:Escritores en lingua inglesa