Eman Ghoneim (en ) é unha xeomorfóloga exipcia que se interesa principalmente pola aplicación dos sistemas de información xeográfica (SIX), a teledetección e o uso da modelaxe hidrolóxica contra os riscos de inundacións repentinas e a exploración de augas subterráneas en contornas áridas.
Traxectoria Na súa investigación utiliza imaxes de satélite para detectar tanto a acumulación de augas subterráneas como os mananciais terrestres e submarinos utilizando datos térmicos do Radiómetro de Emisión e Reflexión Térmica Avanzada (ASTER) e do Espectrorradiómetro de Imaxes de Resolución Moderada ( MODIS). Traballou nun proxecto que utiliza tanto o SIX como os modelos hidrolóxicos para o estudo das augas subterráneas no norte dos Emiratos Árabes Unidos, os Estados Unidos e a zona do Mar Vermello en Exipto.
Doutorouse en 2002 na Escola de Xeografía da Universidade de Southampton (Reino Unido). Tamén é profesora do Departamento de Xeografía da Universidade de Tanta, Exipto.
Ghoneim incorporouse ao Centro de Teledetección da Universidade de Boston a principios de 2003. En marzo de 2006 uniuse a Farouk O-Baz nun proxecto de investigación que conduciu ao descubrimento do cráter de Kebira, un cráter de impacto (astroblema) no Sáhara. En 2007, mentres investigaba varios datos espaciais, descubriu un antigo megalago -cunha superficie de 30 750 quilómetros cadrados- soterrado baixo as areas do Gran Sáhara, na rexión norteña de Darfur, no Sudán.
Notas
Categoría:Científicos de Exipto Categoría:Xeólogos de Exipto Categoría:Alumnos da Universidade de Southampton Categoría:Nados en ano descoñecido