Salvador é un filme estadounidense de 1986 co-escrito e dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por James Woods no papel do xornalista Richard Boyle, xunto con Jim Belushi, Michael Murphy, Elpidia Carrillo, John Savage e Cynthia Gibb nos papeis secundarios. Stone escribiu o guión xunto con Boyle.

O filme conta a historia dun xornalista estadounidense cubrindo a guerra civil do Salvador que se ve envolto entre o FMLN e a ditadura militar de extrema dereita ao tempo que tenta rescatar a súa moza e os fillos dela. O filme simpatiza cos revolucionarios de esquerda e critica fortemente a ditadura militar apoiada polos Estados Unidos, centrándose no asasinato de catro monxas católicas estadounidenses, entre elas Jean Donovan, e o asasinato do arcebispo Óscar Romero polos escuadróns da morte. O filme estivo nomeado a dous Premios Óscar: mellor actor (Woods) e mellor guión orixinal (Stone e Boyle).

Personaxes James Woods como Richard Boyle Jim Belushi como Doutor Rock Michael Murphy como embaixador Thomas Kelly John Savage como John Cassady Elpidia Carrillo como María Cindy Gibb como Cathy Moore Tony Plana como Maximiliano Casanova José Carlos Ruiz como Arcebispo Oscar Romero

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Oliver Stone Categoría:Filmes sobre xornalistas