miniatura| Soneto dedicado ao cardeal Richelieu por Martine Bertereau no seu libro La restitution de pluton (1640). Martine Bertereau, tamén coñecida como baronesa de Beausoleil, nada en Francia en 1590 e finada en Vincennes en 1642, foi unha pioneira da enxeñaría de minas e mineraloxista francesa que viaxou moito por Europa en busca de xacementos minerais. Inspeccionou os sitios de centos de minas potenciais en Francia ao servizo do rei. Os seus escritos describen o uso de varas de adiviñación, así como moitos consellos científicos e prácticos que obtivo en gran parte do libro De architectura, escrito polo arquitecto romano Vitruvio, son unha visión única das habilidades artesás implicadas na minería no século XVII. Kölbl-Ebert, Martina (2009): «How to Find Water: The State of the Art in the Early Seventeenth Century, Deduced From Writings of Martine de Bertereau (1632 and 1640)» (en inglés). Earth Sciences History. The History of Earth Sciences Society. 28(2):pp. 204-218
Traxectoria Martine Bertereau procedía dunha familia nobre francesa de Touraine que tradicionalmente se dedicaba á minería. Casou con Jean de Chatelet, barón de Beausoleil e de Auffenbach, experto en minería. Baring-Gould, S. (2004). Curiosities of Olden Times. Kessinger Publishing, p. 154, Rodolfo II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, nomeouna comisaria xeral das minas de Hungría. Mentres o barón ocupaba este cargo, a parella fixo moitas viaxes visitando minas en América do Sur, Hungría e Alemaña. Henrique IV de Francia encargoulles o levantamento do territorio francés en 1626, coa intención de localizar potenciais minas e reactivar a industria mineira do país. Estableceron unha base en Morlaix na Bretaña. A súa actividade espertou sospeitas entre o clero provincial de que os seus métodos implicaban maxia e un sacerdote chamado Touche-Grippé, que era o preboste provincial, rexistrou no seu castelo material incriminatorio. Non se presentaron cargos, pero ambos víronse obrigados a abandonar Francia. Máis tarde foron invitados polo rei Lois XIII, para continuar co traballo.
A baronesa escribiu dous informes sobre a súa obra, o primeiro, Véritable déclaration de découverte des mines et minières, publicouse en 1632. O segundo foi escrito en forma de poema dirixido ao cardeal Richelieu, La restitution de pluton (1640), é realmente unha súplica para que se lles pague polo traballo que realizaron ás súas costas.«Bertereau, Martine de Baronne de Beausoleil» (en inglés). Bibliography of Mineralogy. The Mineralogical Record. Consultado el 10 de febreiro de 2018.
Neste traballo busca defender a súa posición como muller na industria mineira:
Especúlase que a demanda de cartos levou o goberno a actuar contra eles, acusándoos de bruxería. Jean de Chastelet foi encarcerada na Bastilla e Martine e a súa filla máis vella no Château de Vincennes. Os dous morreron no cárcere.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. Madrid: UNED. ISBN 9788436264210.
Categoría:Nados en 1590 Categoría:Finados en 1640 Categoría:Xeólogos de Francia Categoría:Científicos de Francia