Santa Rosa de Viterbo é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Tundama. Atópase a uns 67 quilómetros ao norte da cidade de Tunja e a 197 quilómetros da cidade de Bogotá. Durante o período da República de Nova Granada, foi creada a Provincia de Tundama en 1849, da que se converteu na súa capital ata a incorporación no Estado Soberano de Boyacá en 1858. Coa reforma político-administrativa do presidente Rafael Reyes Prieto (1904-1909), converteuse en capital do departamento de Tundama en 1905 e do departamento de Santa Rosa dende 1908 ata 1910.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá