Jenesano é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Márquez. O centro urbano atópase a unha altitude de 2 100 metros no Altiplano Cundiboyacense. Jenesano limita cos concellos de Nuevo Colón polo oeste, Ramiriquí polo leste, Boyacá polo norte e Tibaná polo sur.
Toponimia Jenesano fundouse co nome de Piranguata, mais en 1833 o presbítero Ángel María Gallo cambiou o nome da vila na honra do concello italiano de Genazzano, que quere dicir "vila sa".
Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca