Coper é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, parte da provincia de Oriente. Atópase a uns 65 quilómetros da cidade de Chiquinquirá, a cidade máis poboada da provincia, e a 133 quilómetros da cidade de Tunja, capital do departamento.

Historia Na época anterior á colonización de América, o territorio estaba ocupado polos muzos, un grupo pertencente ó pobo caribe, os cales foron sometidos por Luis Lanchero, conquistador de orixe español, tras repetidos intentos que tomaron 20 anos (de 1539 a 1559).

Orixinalmente, o poboado foi chamado co nome de Copere. Fundado o 23 de novembro de 1776, quedou finalmente co nome de Coper.

Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá